As comunidades galegas solicitan a creación dunha Medalla da Galeguidade, pulan por unha maior presenza da mocidade e a muller, e instan a introducir a historia da Emigración nos plans de estudo

Son algunhas das conclusións do relatorio de 'Galeguidade' do XI Consello das Comunidades Galegas.

  • Imaxe do relatorio de 'Galeguidade' do XI Consello das Comunidades Galegas, celebrado na Habana o 27 e 28 de maio
    Imaxe do relatorio de 'Galeguidade' do XI Consello das Comunidades Galegas, celebrado na Habana o 27 e 28 de maio
  • Imaxe do relatorio de 'Galeguidade'
    Imaxe do relatorio de 'Galeguidade'
  • Imaxe do relatorio de 'Galeguidade' do XI Consello das Comunidades Galegas, celebrado na Habana o 27 e 28 de maio
    Imaxe do relatorio de 'Galeguidade' do XI Consello das Comunidades Galegas, celebrado na Habana o 27 e 28 de maio
  • Imaxe do relatorio de 'Galeguidade'
    Imaxe do relatorio de 'Galeguidade'
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2016.

O relatorio de Galeguidade do XI Consello das Comunidades Galegas, celebrado no histórico Palacio do Centro Galego da Habana, instou ao aumento da presenza da mocidade en tódolos órganos de debate, decisión e xestión neste ámbito.

Para isto, as comunidades participantes no relatorio puxeron como exemplo de posibles medidas concretas a tomar: a celebración de congresos específicos para este sector de idade; a realización de actividades formativas relacionadas coa actualidade e cultura galegas dirixidas á mocidade residente no Exterior; a maior apertura e participación de mozas e mozos en actividades, programas e directivas nas propias comunidades; ou o aumento orzamentario nas administracións - se a situación económica o permite- para as liñas de actuación dirixidas fundamentalmente á mocidade.

Igualmente, as e os membros do relatorio instaron a unha plena integración da muller e fomento da igualdade en tódolos ámbitos da Galeguidade, á realización de xornadas específicas para a análise da situación da muller, ou mesmo o estudo dos factores socioeconómicos e culturais específicos de xénero.

Outros aspectos recollidos nas conclusións do relatorio son a mellora no intercambio de profesionais, para dar mellor saída ás producións galegas de todo tipo; a introdución da Historia da Emigración galega nos plans de estudo de Primaria e Secundaria; unha maior comunicación entre os concellos e as comunidades galegas, nomeadamente daquelas que levan o nome do correspondente municipio; e, finalmente, as comunidades galegas instaron á Xunta á creación da Medalla da Galeguidade “nun prazo razoable de tempo”.

Presidiu o relatorio de Galeguidade neste undécimo Consello a presidenta da Agrupación de Sociedades Representativas de Municipios e Parroquias de Galicia (que aglutina a 36 entidades en Cuba) e da ‘Sociedad Hijos del Ayuntamiento de A Capela’, Juana Caridad. O relator foi o xefe de gabinete da Secretaría Xeral da Emigración, Ildefonso de la Campa, e actuou como secretaria a funcionaria autonómica Judit López.

 

1788 lecturas