As comunidades galegas marcan como prioridade na política social o mantemento da asistencia a persoas desfavorecidas e maiores

Coinciden coa Xunta na necesidade de preservar e reforzar estes investimentos, como conclusión fundamental no relatorio de Política Social do XI Consello de Comunidades.

  • José Manuel Rey Varela, conselleiro de Política Social da Xunta de Galicia, foi o encargado do relatorio
    José Manuel Rey Varela, conselleiro de Política Social da Xunta de Galicia, foi o encargado do relatorio

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2016.

O relatorio de Política Social do XI Consello de Comunidades Galegas, celebrado na Habana os pasados 27 e 28 de maio, concluíu a necesidade de relanzar os programas no ámbito socioasistencial que respondan á nova realidade demográfica da Galicia do Exterior.

O encargado do relatorio foi o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, actuando como presidente o representante do Centro Galego de Burgos, Ángel Ferreiro, e como secretaria a xefa do Servizo de Xestión Orzamentaria da Secretaría Xeral da Emigración, Beatriz Seoane.

Entre as conclusións do relatorio destacan a necesidade de intensificar o papel das comunidades como detectoras precoces de problemas sociais; manter e incrementar as axudas económicas individuais (principal investimento de Emigración), con especial atención a  Venezuela; a prioridade da achega de recursos da Secretaría Xeral ás entidades que prestan servizos sociaosasistenciais ás e aos maiores; a promoción da cooperación entre entidades no ámbito socioasistencial, para mellorar xestión de recursos e facilitar unha maior eficacia; o fomento das redes de voluntariado nas comunidades, especialmente entre a mocidade; a creación de espazos de encontro da mocidade coa realidade socioasistencial das comunidades, herdanza de dous séculos; e o reforzo dos programas da Secretaría Xeral ‘Conecta con Galicia’, ‘Aventúrate con Galicia’, e de formación para a mocidade.

En imaxes
1293 lecturas