Reencontros de lecer. Ano 2020

Listen to this page using ReadSpeaker
1457 lecturas
Información e instrucións para a cumprimentación de solicitudes.
Resolución da convocatoria: 
Resolución do 29 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regulan e se convocan as subvencións do programa Reencontros de lecer para persoas residentes no exterior durante o ano 2020 (código de procedemento PR926F).
Entidade: 
Secretaría Xeral da Emigración
Data de publicación: 
03.07.2020
Estado: 
Procedemento pechado

Obxecto e finalidade das axudas:
Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases  polas que se rexerá o programa “Reencontros de Lecer” para persoas emigrantes e fillos/as de emigrantes residentes en Europa orientado a promover o contacto das persoas galegas residentes en países europeos coa súa terra, fortalecendo así os vínculos de unión con Galicia, e contribuír a mellorar a calidade de vida, saúde e benestar deste colectivo. 

Prazas convocadas:
A asignación do número de prazas queda fixada para o ano 2020 do seguinte xeito:

País Nº de prazas convocadas
Alemaña 30
Francia 30
Reino Unido 30
Suíza 30
Resto Países de Europa 30
Total 150

 

As prazas que queden vacantes, ata un máximo dun 30% do total, poderán ser redistribuídas proporcionalmente pola Secretaría Xeral da Emigración entre aqueles países que teñan un maior número de solicitudes admitidas en relación coas prazas ofertadas.

Características do programa:

  1. Os servizos que inclúe o programa son os seguintes:
    a) Viaxes de ida desde o país de residencia habitual da persoa solicitante ata un aeroporto  de Galicia e a viaxe de retorno ao mencionado país.
    b) Transporte de ida dende o aeroporto de chegada a Galicia ata o establecemento hoteleiro e dende este ao aeroporto o día de retorno ao país de residencia.
    c) Aloxamento durante 8 días e 7 noites en hotel balneario de tres estrelas ou superior, situado na Comunidade Autónoma de Galicia, en réxime de pensión completa en habitación dobre para compartir, coa opción de habitación individual aboando o suplemento e suxeita a dispoñibilidade.
    d) Programa de actividades de lecer, que contará cun mínimo de dúas excursións ou actividades a recursos turísticos ou poboacións da Comunidade Autónoma de Galicia.
  2. A condición de persoa beneficiaria quedará supeditada ao pagamento do vinte por cento do custo por persoa de cada un dos servizos que inclúe o programa e, de ser o caso, do suplemento por habitación individual.
    Este pagamento deberá ser ingresado por transferencia ou tarxeta de pagamento, na conta bancaria da axencia de viaxes designada por concurso público, cunha antelación de 20 días naturais á data sinalada para realizar a viaxe. Entenderase que quen non cumpra con este requisito desiste da súa solicitude. A Secretaría Xeral da Emigración poderá verificar estes aspectos en calquera momento.

Requisitos das persoas beneficiarias:

a) Ser emigrante galega ou filla/fillo de persoa emigrante galega.
b)Ter a nacionalidade española
c) Residir en países de Europa de xeito continuado, como mínimo, durante os últimos 10 anos.
d) Ter, cando menos, 60 anos de idade, contados na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
e) Percibir, no respectivo país de residencia, unha pensión de xubilación, de viuvez ou ser pensionista por outros conceptos. Así mesmo, tamén poderán ser beneficiarias aquelas persoas que sexan perceptoras de prestacións ou subsidios de desemprego.
f) Poderán ir beneficiarias, como acompañantes, as persoas unidas en matrimonio, unión de feito ou relación análoga, sempre que cumpran os requisitos da convocatoria.
g) As persoas beneficiarias deste programa poderán ir acompañadas dos/das fillos/fillas con discapacidade, sempre que cumpran os requisitos sinalados na convocatoria.

Prazo de presentación de solicitudes e documentación a presentar:

Lugar de presentación da documentación:
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado, anexo I, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de Chave 365 (https://sede.xunta.es/chave365).

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Tamén poderán enviar a solicitude asinada á Secretaría Xeral da Emigración a través de correo postal ou paquetería, situada na Praza de Mazarelos, 15 - 15781 Santiago de Compostela.

FORMULARIOS DE TRAMITACIÓN DE SOLICITUDES picar aquí para acceder á Sede electrónica

 

Documentación para descargar:

Finalización do prazo de presentación de solicitudes: 
03.08.2020