A Secretaría Xeral da Emigración pospón a primeira edición de Reencontros de Lecer ata o vindeiro ano ante o agravamento da situación sanitaria en Europa por mor do coronavirus

O programa está dirixido a galegas e galegos pensionados maiores de 60 anos que residan desde hai máis dunha década nalgún país do Vello Continente, e non participen nalgún programa do Imserso.

Emigración prevé retomar esta iniciativa no vindeiro exercicio, se as circunstancias o permiten
Emigración prevé retomar esta iniciativa no vindeiro exercicio, se as circunstancias o permiten
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 24 de agosto de 2020.

A Secretaría Xeral da Emigración vén de pospor ata o vindeiro ano a primeira convocatoria de Reencontros de Lecer, o programa dirixido ás e aos emigrantes galegos ou os seus fillos e fillas maiores de 60 anos pensionados que residan desde hai alo menos 10 nun país de Europa e non participen nalgún programa do Imserso. A decisión está baseada no agravamento da situación sanitaria que está a causar a covid-19 en Europa, e que aconsella manter as medidas de seguridade e de precaución, non só en Galicia, senón tamén en todos os Estados que integran o Vello Continente.

O novo programa do departamento autonómico busca que 150 galegas e galegos maiores residentes en Europa poidan viaxar a Galicia a través dun programa social de lecer na súa terra de orixe. A Secretaría Xeral da Emigración prevé retomar esta iniciativa no vindeiro exercicio, se as circunstancias o permiten.

403 lecturas