O Delegado da Xunta na Arxentina salienta a importancia de preservar as tradicións que unen aos galegos durante a celebración do 114 Aniversario da Sociedade Parroquial de Vedra

O delegado da Xunta en Arxentina, Alejandro López Dobarro, asistiu á celebración do 114 aniversario da Sociedade Parroquial de Vedra e á tradicional Festa da Virxe dos Dolores. No evento, que contou cunha ampla participación da comunidade galega residente, López Dobarro destacou a importancia de manter vivas as tradicións que unen aos galegos no exterior, resaltando o esforzo e compromiso da sociedade por preservar a cultura e identidade galega lonxe da terra.
Durante a súa intervención, o delegado animou aos presentes a continuar sostendo o sentido de comunidade que os caracteriza, subliñando que é precisamente esta unión, xunto coa conservación das tradicións, o que permite manter vivo o legado galego en Arxentina. Ademais, encomiou o gran labor realizado pola Sociedade Parroquial de Vedra ao longo destes 114 anos, contribuíndo de maneira significativa á difusión e fortalecemento da cultura galega no exterior.
Novas relacionadas