O delegado da Xunta na Arxentina fai un chamamento na celebración do 108º aniversario da Asociación Fillos do Porto do Son ao traballo conxunto entre as distintas asociacións para continuar promovendo a cultura galega no exterior

Imaxe da celebración do 108º aniversario da Asociación Fillos do Porto do Son de Avellaneda
Imaxe da celebración do 108º aniversario da Asociación Fillos do Porto do Son de Avellaneda
Listen to this page using ReadSpeaker
Bos Aires (Arxentina), 8 de abril de 2024.

O delegado da Xunta na Arxentina, Alejandro López Dobarro, participou na celebración do 108º Aniversario da Asociación Fillos do Porto do Son, que reuniu a varias figuras importantes da diáspora galega. O representante galego fixo un chamamento á unión e ao traballo conxunto entre as distintas asociacións para continuar promovendo a cultura galega alén das fronteiras de España. "É crucial que nos unamos e traballemos de man para seguir facendo Galicia no exterior".

A celebración do 108º Aniversario da Asociación Fillos do Porto do Son non só serviu para recordar a rica historia e legado dos galegos e galegas na Arxentina, senón tamén para poñer de manifesto o compromiso continuo coa cultura e tradicións galegas.

248 lecturas