O Delegado da Xunta en Arxentina destaca o labor das Cantareiras na preservación da tradición oral galega durante os actos das Letras Galegas en Bos Aires

  • O Delegado da Xunta en Arxentina destaca o labor das Cantareiras na preservación da tradición oral galega durante os actos das Letras Galegas en Bos Aires

Listen to this page using ReadSpeaker
Bos Aires (Arxentina), 30 de maio de 2025.

O delegado da Xunta de Galicia en Arxentina, Alejandro López Dobarro, participou nos actos conmemorativos do Día das Letras Galegas 2025 organizados pola colectividade galega en Bos Aires, que este ano estiveron dedicados á figura das cantareiras e ao seu papel esencial na transmisión da tradición oral galega. O evento principal tivo lugar na Sociedade Parroquial de Vedra e contou cunha ampla participación de agrupacións culturais e musicais de distintas entidades galegas de todo o país, que se reuniron para celebrar, a través da música e a poesía, o orgullo de manter vivas as nosas raíces.

López Dobarro lembrou o compromiso da Xunta coa difusión da cultura galega no exterior e co apoio ás comunidades galegas que manteñen viva a nosa lingua, música e cultura alén do mar.

409 lecturas