O delegado da Xunta na Arxentina felicita á Asociación Unión Residentes del Ayuntamiento de Carbia (hoy Vila de Cruces) polos seus 87 anos de traballo en prol da colectividade en Bos Aires

  • Imaxe da celebración do 87º aniversario da entidade galega na capital arxentina
    Imaxe da celebración do 87º aniversario da entidade galega na capital arxentina

Listen to this page using ReadSpeaker
Bos Aires (Arxentina), 30 de maio de 2023.

O delegado da Xunta na Arxentina, Alejandro López Dobarro, asistiu aos actos de celebración do 87º aniversario da Asociación Unión Residentes del Ayuntamiento de Carbia (hoy Vila de Cruces) en Bos Aires, agradecéndolle a esta entidade todo o labor desenvolvido ao longo destes anos en prol da  colectividade galega na capital arxentina, e, en especial da nosa cultura e, por suposto, da nosa lingua. 

Durante o acto, que tivo lugar no salón do Recreo Social e Deportivo da Asociación, o responsable autonómico transmitiu a felicitación polo aniversario e o saúdo do Goberno galego a tódolos socios e socias da entidade, trasladándolles o respaldo da Xunta de Galicia nas súas actividades, de cara a que se poida potenciar a participación das e dos descendentes na vida da colectividade, “para que nunca se esquezan as nosas raíces”. 

344 lecturas