Miranda agradece o traballo en prol da colectividade galega en Mar del Plata (Arxentina) ao Centro Gallego no seu 71º aniversario

  • Imaxe da celebración do 71º aniversario do Centro Gallego de Mar del Plata
    Imaxe da celebración do 71º aniversario do Centro Gallego de Mar del Plata

Listen to this page using ReadSpeaker
Mar del Plata (Arxentina), 3 de xullo de 2023.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu onte ao 71º aniversario do Centro Gallego de Mar del Plata, felicitando aos seus socios e socias e simpatizantes polo traballo realizado ao longo de todos estes anos en prol da colectividade galega nesta cidade arxentina. No acto, no que Rodríguez Miranda asinou no libro de honra da institución, estiveron tamén presentes o intendente de Mar del Plata, Guillermo Montenegro, e o delegado da Xunta na Arxentina, Alejandro López Dobarro.

Este centro fundouse o 1 de xullo de 1952. Durante o acto institucional interpretáronse os himnos de España, Arxentina e Galicia. A festa contou, ademais de cun xantar de confraternidade, con actuacións conxuntas das agrupacións da institución, así como de todas as colectividades españolas afincadas en Mar del Plata e na súa contorna.

367 lecturas