O delegado da Xunta na Arxentina, Alejandro López Dobarro, participou na inauguración da mostra que conecta a ruta xacobea e o Camino de Brochero en Paraná (Entre Ríos)

  • Inauguración da mostra en Paraná (provincia de Entre Ríos) da mostra sobre o Camiño de Santiago e o Camino del Cura Brochero
    Inauguración da mostra en Paraná (provincia de Entre Ríos) da mostra sobre o Camiño de Santiago e o Camino del Cura Brochero

Listen to this page using ReadSpeaker
Paraná (Arxentina), 19 de outubro de 2023.

O delegado da Xunta na Arxentina, Alejandro López Dobarro, asistiu en Paraná, Entre Ríos, á inauguración da mostra que conecta os itinerarios da Ruta Xacobea a Santiago de Compostela e o Camino del Cura Brochero e que se pode ver na Catedral metropolitana e na Municipalidade desta localidade. A actividade concrétase no marco dunha iniciativa que promove a integración de ambas rutas a través de políticas culturais e turísticas.

A mostra foi organizada polo Arcebispado de Paraná, a Municipalidade de Paraná, a Unión de Colectividades de Entre Ríos, o Goberno de Entre Ríos, o Goberno da provincia de Córdoba e a Xunta de Galicia. López Dobarro recordou que ambos camiños teñen unha relación moi estreita entre eles, xa que recentemente se firmou un irmandamento entre ambos. “Son dous itinerarios de peregrinación, cada un coas súas características pero que permiten apostar polo turismo relixioso-cultural que axuda a dinamizar as localidades por onde pasan ambas vías e achegar a súa historia e gastronomía aos camiñantes”.

274 lecturas