O Delegado da Xunta en Arxentina realiza o peche de ano coas entidades galegas para fortalecer a súa cooperación e planificar as accións de 2025

O Centro Lalín, A Golada e Silleda de Buenos Aires acolleu o tradicional encontro de fin de ano coas entidades galegas onde o delegado da Xunta de Galicia en Arxentina, Alejandro López Dobarro, presentou o balance das iniciativas desenvolvidas, destacando os resultados dos programas de apoio ós centros e ao retorno, como as bolsas BEME e as liñas de axuda social, que beneficiaron a milleiros de galegos no exterior. Tamén se avanzaron as novidades e recomendacións para mellorar a xestión das iniciativas no próximo ano.
A reunión serviu como espazo para fortalecer a cooperación entre as entidades e planificar as accións de 2025, cun enfoque especial na dinamización da cultura galega e o reforzo das redes de apoio á emigración. Entre os temas tratados, resaltouse o impacto de eventos como a Romaría Galega, que simboliza a unión da colectividade, e a necesidade de continuar impulsando proxectos que favorezan a conexión entre Galicia e os galegos do exterior.
Novas relacionadas