O delegado da Xunta en Bos Aires traslada unha mensaxe de tranquilidade á colectividade galega na Arxentina nun encontro cos e coas responsables das entidades galegas
O delegado da Xunta en Bos Aires, Alejandro López Dobarro, mantivo unha reunión informativa con responsables das entidades da colectividade galega na Arxentina para trasladar unha mensaxe de tranquilidade aos galegos e galegas deste país. Durante a reunión, informouse ás e aos asistentes sobre distintos aspectos dos programas da Xunta de Galicia, destacando a total normalidade no funcionamento das actividades, máis alá do episodio que afecta á relación entre Arxentina e España. "A Xunta de Galicia está a realizar un seguimento permanente da situación".
Tras a conversa mantida co cónsul xeral en Bos Aires, Fernando García Casas, trasladouse ás e aos dirixentes a total normalidade nas actividades consulares en todas as áreas de traballo. Dobarro asegura que esta situación non afecta á colectividade galega que reside no país. "Facemos un chamamento á tranquilidade, xa que tanto os axentes económicos como os representantes da colectividade, cos que estamos en permanente contacto, nos transmiten normalidade".
Novas relacionadas






