O delegado da Xunta salienta o crecemento da actividade da Delegación, cun labor cada vez máis próximo ás entidades e coa Feira de Emprego como exemplo, que permitiu chegar a máis de 3.000 persoas
Miranda no encontro cos presidentes das entidades galegas en Arxentina: “Asumimos o compromiso de traballar moi preto da xente co compromiso de chegar ás novas xeracións como nos concertos enmarcados nos actos da Hispanidade”.
O delegado da Xunta salienta o crecemento da actividade da Delegación, cun labor cada vez máis próximo ás entidades e coa Feira de Emprego como exemplo, que permitiu chegar a máis de 3.000 persoas.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acompañado polo delegado da Xunta en Arxentina, Alejandro López Dobarro, mantivo un encontro de traballo cos presidentes e representantes dos principais centros galegos da capital arxentina para presentar o balance anual das políticas da Xunta dirixidas á colectividade. Miranda subliñou que ao longo do 2025 preto de 4.000 galegos residentes en Bos Aires recibiron apoio a través de programas sociais, culturais, formativos e de retorno, mentres que máis de 30 entidades contaron con financiamento da Secretaría Xeral da Emigración. En total, este apoio supuxo un investimento global de preto de 2 millóns de euros, destinado a reforzar a actividade asociativa, modernizar instalacións e impulsar proxectos que permitan chegar ás novas xeracións.
Pola súa banda, Dobarro destacou “o crecemento real do labor da delegación da Xunta en Arxentina, cunha maior presenza no territorio e traballando man a man coas entidades desde a proximidade”. Sinalou ademais que “un exemplo claro deste avance foi a Feira de Emprego en Arxentina, que permitiu achegar recursos e oportunidades a máis de 3.000 persoas, conectando directamente o talento da colectividade co tecido empresarial galego”.
Durante o encontro, tamén se analizou o balance das principais accións culturais e sociais realizadas en 2025, entre elas a destacada participación da colectividade nos actos da Semana da Hispanidade, onde Galicia contou cunha presenza reforzada para achegar cultura e tradición ás novas xeracións. Finalmente, Miranda e Dobarro expuxeron as liñas de traballo para 2026, que inclúen unha maior descentralización das actividades culturais e o reforzo da colaboración coas entidades da diáspora para seguir ampliando servizos e oportunidades para a comunidade galega en Bos Aires.
Novas relacionadas