Reunión de traballo entre Emigración e Xuventude para fortalecer o apoio aos galegos e galegas do exterior
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo unha reunión de traballo coa directora xeral de Xuventude, Lara del Carmen Meneses, para realizar un seguimento dos programas conxuntos dirixidos aos galegos e galegas do exterior. Durante a reunión, avaliaron a marcha de iniciativas como os Conectas e o Carné Xove, destacando a súa importancia para manter a conexión e o apoio á mocidade galega na diáspora.
Ademais, Miranda e Meneses exploraron a posibilidade de desenvolver novos proxectos conxuntos que fortalezcan aínda máis os lazos entre Galicia e os seus e as súas emigrantes. Esta colaboración interdepartamental subliña o compromiso da Xunta de Galicia por apoiar a súa cidadanía no exterior e fomentar a participación activa da mocidade galega na vida cultural e social.
Novas relacionadas




