O conselleiro de Economía subliña no Centro Galego do Perú o “espírito emprendedor” das galegas e os galegos emigrados ao país andino

Francisco Conde rematou a súa viaxe a Perú reuníndose coa asociación, que impulsa numerosas iniciativas entre a comunidade de galegos e galegas do país.

  • Conde rematou a súa viaxe a Perú reuníndose coa asociación, que impulsa numerosas iniciativas entre a nosa colectividade no país
    Conde rematou a súa viaxe a Perú reuníndose coa asociación, que impulsa numerosas iniciativas entre a nosa colectividade no país
  • Conde rematou a súa viaxe a Perú reuníndose coa asociación, que impulsa numerosas iniciativas entre a nosa colectividade no país
    Conde rematou a súa viaxe a Perú reuníndose coa asociación, que impulsa numerosas iniciativas entre a nosa colectividade no país
Listen to this page using ReadSpeaker
Lima (Perú), 16 de xuño de 2013.

O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, rematou a súa viaxe a Perú, que está a ter un marcado carácter empresarial, reuníndose coas e cos membros do Centro Galego do Perú, unha activa asociación que preside Francisco Prieto e que conta con máis de 130 persoas asociadas.

Durante o encontro o conselleiro salientou o “espírito emprendedor” das e dos emigrantes galegos no país andino, lembrando historias como a das familias de Malpica que converteron a Chimbote nun dos principais portos pesqueiros, e fundaron a primeira fábrica de fariñas de peixe de Perú, país que hoxe en día desenvolve unha importante actividade económica en torno á fariña de anchoveta.

Sinalou o conselleiro que “pisar un Centro Galego é estar na casa e beber das aventuras e dos retos aos que tiveron que enfrontarse cada xeración de galegos”, apuntando que “o que nos singulariza aos galegos é o afán por crear a nosa terra alí onde estemos”

Francisco Conde tivo a oportunidade de conversar con diferentes persoas membros da asociación, e compartir con eles e elas as súas experiencias, ademais de subliñar o importante papel que xogan os galegos e as galegas residentes no exterior no impulso ás relacións económicas e culturais entre Galicia e os países nos que se estableceron.

1287 lecturas