Remata o Ciclo Mestre Mateo nos centros galegos do exterior coa proxección do filme “Jacinto”

'Jacinto' é o octavo filme do Ciclo Mestre Mateo
"Jacinto" é o octavo filme do Ciclo Mestre Mateo
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2022.

O Ciclo Mestre Mateo remata o seu periplo polas entidades galegas do exterior este mes coa proxección do filme Jacinto.  O ciclo, froito da colaboración da Secretaría Xeral da Emigración, Academia Galega do Audiovisual e as propias entidades galegas que participan no mesmo, tivo ao longo deste ano como obxectivo achegar aos galegos e galegas do exterior os documentais e filmes premiados na última edición dos Premios do cine de Galicia.  

Este derradeiro filme conta a historia dun home de 50 anos que ten unha mentalidade dun neno de nove e que creou un mundo de fantasía no pobo da montaña de Lugo onde vive. A chegada de novas e novos veciños a esta aldea cambia a vida de Jacinto.  A película poderase ver nos próximos días no Instituto Vicente Cañada Blanch de Londres, no Lar Gallego de Sevilla, no cine Babylon de Berlín, no Centro Galicia de Bos Aires, no Centro Galego de Tarragona, no de Montevideo, na Hermandad Gallega de Venezuela e no Centro Galego de Madrid.

149 lecturas