O Ciclo Mestre Mateo chegou en novembro ás entidades galegas do exterior coa película “Tres”

  • Imaxe da proxección en Londres
    Imaxe da proxección en Londres
  • Imaxe da proxección en Montevideo
    Imaxe da proxección en Montevideo
  • Imaxe da proxección en Berlín
    Imaxe da proxección en Berlín
  • Imaxe da proxección en Caracas
    Imaxe da proxección en Caracas
  • Imaxe da proxección en Sevilla
    Imaxe da proxección en Sevilla
  • Imaxe da proxección en Tarragona
    Imaxe da proxección en Tarragona
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2022.

O Ciclo Mestre Mateo achégase ao seu remate, que terá lugar no mes de decembro, coa recente proxección do filme Tres que se puido ver en oito centros galegos do exterior. Esta iniciativa é froito da colaboración da Secretaría Xeral da Emigración, da Academia Galega do Audiovisual e das propias entidades galegas que participan no mesmo, e ten como obxectivo achegar aos galegos e galegas do exterior os documentais e filmes premiados na última edición dos premios do cine de Galicia, oito en total: catro documentais e catro películas. 

Deste xeito, os socios e socias do Centro Galego de Londres, do Centro Gallego de Madrid, de De Berlín Son, do Centro Galego de Tarragona, do de Montevideo, do Lar Gallego de Sevilla e do Centro Galicia de Bos Aires, así como da Hermandad Gallega de Venezuela puideron gozar da película Tres, centrada na historia dunha muller que perde a audición.

288 lecturas