O Ciclo Mestre Mateo achegou neste mes de outubro a película “Malencolía” aos galegos e galegas do exterior

  • Imaxe da proxección en Bos Aires
    Imaxe da proxección en Bos Aires
  • Imaxe da proxección en Berlín
    Imaxe da proxección en Berlín
  • Imaxe da proxección en Londres
    Imaxe da proxección en Londres
  • Imaxe da proxección en Tarragona
    Imaxe da proxección en Tarragona
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2022.

O Ciclo Mestre Mateo achegou este mes de outubro aos centros galegos do exterior a película “Malencolía”. O ciclo, froito da colaboración da Secretaría Xeral da Emigración,  Academia Galega do Audiovisual e as propias entidades galegas que participan no mesmo, ten como obxectivo achegar ás e aos galegos do exterior os documentais e filmes premiados na última edición dos premios do cine de Galicia.  

O filme proxectouse ao longo deste mes de outubro no Instituto Vicente Cañada Blanch de Londres, no Centro Galego de Madrid, no cine Babylon de Berlín, no Centro Galego de Tarragona, no de Montevideo, no Lar Gallego de Sevilla e no Centro Galicia de Bos Aires, así como na Hermandad Gallega de Venezuela.

200 lecturas