O Centro de Información á Muller de Vilalba (Lugo) estrea un servizo de teletradución a 51 idiomas

Ofrecido sen custo pola Secretaría Xeral da Igualdade, mellora a atención ás mulleres e ás vítimas de violencia de xénero estranxeiras, facilitando unha comunicación verbal máis eficaz.

En total, sete CIMs da provincia xa dispoñen deste sistema, amais de Vilalba, os de Burela, Viveiro, Ribadeo, Monforte, Mondoñedo e Palas de Rei.

Listen to this page using ReadSpeaker

Xunta de GaliciaO Centro de Información á Muller de Vilalba (Lugo) incorpora desde onte un servizo de teledradución a 51 idiomas para mellorar a atención ás mulleres e vítimas de violencia de xénero inmigrantes, que ofrece sen custo a Secretaría Xeral da Igualdade, en virtude do convenio asinado na mañá d eonte pola titular de Igualdade da Xunta, Susana López Abella, e o alcalde, Gerardo Criado. No acto, celebrado nas instalacións do CIM de Vilalba, dúas usuarias de orixe romanesa e marroquí tiveron a oportunidade de participar nunha demostración das aplicacións do sistema.

A Secretaría Xeral da Igualdade ofrece este servizo de teletradución aos CIMs, ás casas de acollida para mulleres vítimas de violencia de xénero e ás entidades e ONGs que asisten a mulleres vítimas de trata ou de violencia de xénero. Desde que comezou o proceso o pasado mes de setembro ata o de agora, un total de 62 entidades xa incorporan este sistema en Galicia, sendo os idiomas máis demandados no conxunto de Galicia o ruso, chino mandarín e romanés.

O obxectivo do servizo, cuxo custo asume íntegramente a Secretaría da Igualdade, é dar resposta á diversidade poboacional derivada da inmigración e asegurar unha eficaz atención ás usuarias, con independencia da súa lingua.

751 lecturas