O Centro Gallego de Santander pecha o ano cun novo número da súa revista "Libredón"

A publicación da entidade galega en Cantabria recolle as actividades do centro ao longo de 2012, así como destacadas colaboracións.

'Libredón' Nº 59. Centro Gallego de Santander.
"Libredón" Nº 59. Centro Gallego de Santander.
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2012.

O Centro Gallego de Santader vén de publicar o número 59 da súa revista Libredón, órgano de comunicación da entidade galega na capital cántabra. Nunha edición máis desta revista -de periodicidade anual dende 2008- trátase de informar aos socios e socias das novidades acontecidas no eido asociativo ao longo do último ano, lembrando tamén os moitos e bos momentos pasados nas distintas actividades do centro ao longo do 2012 que remata.

É de destacar, ademais dos "Saúda" do presidente da entidade, dos presidentes da Xunta de Galicia, do Goberno de Cantabria e do Parlamento Autonómico, do alcalde de Santander e o do secretario xeral da Emigración da Xunta de Galicia, así como a renovación da xunta directiva -tralas eleccións do pasado mes de marzo- do Centro Gallego por un mandato de catro anos. Así mesmo, nas páxinas desta coidada edición, o Centro Gallego de Santander dá conta dos diversos eventos organizados ao longo do último ano: múltiples conferencias relacionadas coa saúde, temas de actualidade, a cultura galega e a cántabra, as festas tradicionais do noso país (magosto, entroido, concursos gastronómicos etc...) e as Festas do Apóstolo, a importante labor benéfica da entidade, visitas de personalidades destacadas, a participación no X Pleno do Consello de Comunidades Galegas, exposicións, viaxes organizadas pola sociedade e, sobre todo, a Semana Cultural das Letras Galegas 2012, dedicadas este ano á homenaxe de Valentín Paz Andrade e no transcurso da que tamén se desenvolveu un acto de lembranza e recoñecemento ao xornalista Julio Camba no 50º aniversario do seu pasamento, e cuxa figura dá nome tamén ao concurso literario organizado por esta senlleira entidade galega que xa conta con 78 anos de historia.

Artigos de opinión (coas colaboracións de José Antonio Otero Hermida, José Ramón Saiz Viadero, Miguel Ángel Martín Iglesias, Perfecto Pereiro Lázara, Jesús María Garate, Manuel López-Calderón Barreda, Regino Mateo, Alejandro Llano Pallares, Álvaro Gutiérrez Olmedo, Matilde Guisández, Ángel Trujillano del Moral, Juan Zamanillo Peral, Francisco Ibaz Arqués e Juan Gutiérrez Cuadrado) receitas, humor gráfico, poemas e a lembranza a socios e socias finados neste tempo, completan este número.

 

 

 

1108 lecturas