Presentan a nova edición da revista «Xurdimento» do Centro Galego de Lleida

As 120 páxinas da publicación contan con traballos xornalísticos de escritores galegos como Xulio Couxil ou Iolanda Castaño.

Listen to this page using ReadSpeaker

A Semana da Cultura Galega 2011 do Centro Galego de Lleida clausurouse coa presentación da edición anual da revista Xurdimento (picar aquí para descargar). Neste número da publicación anual do centro pódense ler diversos traballos xornalísticos asinados por escritores como Rexina Anxos, Iolanda Castaño ou Xulio Couxil.

As 120 páxinas da publicación tamén contan con reportaxes de temática galega como o Xacobeo, os viños de Galicia ou a reserva natural do Xurés. Os artigos están escritos en galego e traducidos ao castelán e ao catalán.

Dende hai 24 anos Xurdimento reforza os fondos da hemeroteca dos galegos residentes en Lleida.

En imaxes
966 lecturas