A Xunta toma parte nos actos conmemorativos do XXV Aniversario da Promoción da Cultura Galega en Lausanne

O conselleiro de Presidencia en funcións e o secretario xeral da Emigración participaron na celebración da efeméride.

A Xunta toma parte nos actos conmemorativos do XXV Aniversario da Promoción da Cultura Galega en Lausanne
A Xunta toma parte nos actos conmemorativos do XXV Aniversario da Promoción da Cultura Galega en Lausanne
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2012.

O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza en funcións, Alfonso Rueda, e o secretario xeral da Emigración, Santiago Camba, participaron esta fin de semana en Suíza nos actos conmemorativos do XXV aniversario da Promoción da Cultura Galega de Lausanne.

O titular da Consellería de Presidencia destacou a importancia da diáspora galega en Suíza, un dos países que acolle máis galegos e galegas no exterior, e eloxiou que manteñan os seus vínculos coa terra que os veu nacer, como sucede no caso da Promoción da Cultura Galega. Rueda destacou o traballo dos galegose as galegas no exterior e manifestou o compromiso da Xunta coa colectividade galega na diáspora que, no caso de Suíza, é a máis numerosa de toda Europa, xa que supera as 30.000 persoas.

Pola súa banda, o secretario xeral da Emigración gabou o labor que leva a cabo Promoción da Cultura Galega desde hai dúas décadas e media e amosou o agradecemento da Xunta por participar na celebración, na que asistiron máis de 500 galegos e galegas residentes no país helvético e na que tomou parte tamén a artista galega Lucía Pérez.

891 lecturas