Presentouse a nivel nacional, no Centro Gallego de Santander, a Festa da empanada de Bandeira (Silleda-Pontevedra)

Esta festa celébrase dende 1974 na vila dezana e agora trata de logra a categoría de Festa de Interese Turístico Nacional que outorga o Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo do Goberno de España.

  • Presidente e vicepresidente do Centro Galego, alcalde de Silleda, senadora, presidente da asociación e concelleiros de Santander
    Presidente e vicepresidente do Centro Galego, alcalde de Silleda, senadora, presidente da asociación e concelleiros de Santander
  • As e os membros da Xunta Directiva da Asociación de Amigos da Empanada de Bandeira posan diante da exposición de carteis
    As e os membros da Xunta Directiva da Asociación de Amigos da Empanada de Bandeira posan diante da exposición de carteis
  • As e os asistentes ao acto puideron degustar as saborosas empanadas levadas expresamente dende as terras do Trasdeza
    As e os asistentes ao acto puideron degustar as saborosas empanadas levadas expresamente dende as terras do Trasdeza
  • Cartel conmemorativo da presentación no Centro Gallego de Santander
    Cartel conmemorativo da presentación no Centro Gallego de Santander
  • Foto de familia das e dos participantes no acto de presentación da Festa da Empanada de Bandeira
    Foto de familia das e dos participantes no acto de presentación da Festa da Empanada de Bandeira
Listen to this page using ReadSpeaker
Santander, 25 de agosto de 2013.

Coincidindo coas Festas de Santiago 2013 tivo lugar no Centro Gallego de Santander a presentación a nivel nacional da famosa "Festa da Empanada de Bandeira", festa oficial do Concello de Silleda (na provincia de Pontevedra).

Nun acto moi emotivo estiveron presentes no evento membros da Corporación municipal deSilleda, co seu recén elixido alcalde Manuel Cuiña, o presidente da Asociación Amigos da Empanada Diego Cuiña, acompañados pola ex-alcaldesa e actual senadora nacional Paula Fernández; en representación do Concello de Santander, estiveron presentes no acto as concelleiras Carmen Ruiz, Virginia Lavin e o concelleiro Alfonso Tomé, nun acto que estivo presidido polo presidente e vicepresidente do centro galego na capital cántabra, José Antonio Otero e Clemente González, que na súa calidade de mandatarios e representantes da comunidade galega na cidade santanderina expresaronlle á actual nova e dinámica Xunta Directiva da "Asociación Amigos da Empanada de Bandeira os seus desexos de éxito na consecución do obxectivo de acadar o recoñecemento de Festa de Interese Turístico Nacional.

Ao termo da presentación o grupo de gaitas do Centro Gallego "Airiños da Terra" interpretou o himno Galego, logo do cal na sala de exposicións do Centro Gallego procedeuse á inauguración dunha interesante mostra de carteis, que ilustraban de forma gráfica o longo camiño xa percorrido ata chegar á súa XXXIX edición.

O acto pechouse cunha degustación das saborosas empanadas traídas expresamente dende Bandeira para este evento, acompañadas dun bo viño do Ribeiro e, como recordo, presentouse o cartel que fai alusión á presentación realizada en Santander e tirouse a tradicional foto de familia.

 

1316 lecturas