O Centro Galego de Lleida concluíu a Semana Cultural do seu 40º aniversario
Ao longo de seis xornadas da pasada semana, a entidade galega na cidade do Segre -que neste 2017 celebra o seu 40º aniversario- desenvolveu un programa de actividades que rematou o domingo coa celebración da súa Asemblea Xeral ordinaria e un Xantar de Irmandade.
Raquel Arias Rodríguez, Secretaria da Mesa do Parlamento de Galicia, foi a encargada de presentar o Nº 30 da revista «Xurdimento»
O martes foi o día para as e os máis cativos e dos xogos de mesa para as persoas adultas

A Semana Cultural comezou coa inauguración dunha exposición das manualidade realizadas ao longo do pasado ano polas integrantes da Vogalía da Muller
O martes foi o día para as e os máis cativos e dos xogos de mesa para as persoas adultas
O martes foi o día para as e os máis cativos e dos xogos de mesa para as persoas adultas
O xoves, coa compaña do regidor da corporación municipal de Lleida, Franscesc Josep Cerdà Esteve, levouse a cabo unha demostración culinaria de diferentes pratos salgados e doces
A Asemblea Xeral Ordinaria, por unanimidade, aprobou as contas do exercicio anterior e renovou á Xunta Durectiva
A Asemblea Xeral Ordinaria, por unanimidade, aprobou as contas do exercicio anterior e renovou á Xunta Durectiva
Enric Ribera Gabandé, xornalista de viaxes, gastronomía e viños, pronunciou unha conferencia baixo o título "París la ciutat de la Llum"
Enric Ribera Gabandé, xornalista de viaxes, gastronomía e viños, pronunciou unha conferencia baixo o título "París la ciutat de la Llum"
Actuación da Coral na misa celebrada na igrexa parroquial de Sant Jaume
Actuación da Coral na misa celebrada na igrexa parroquial de Sant Jaume
Na última xornada tivo lugar o Xantar de Irmandade e o baile amenizado por un conxunto musical
Na última xornada tivo lugar o Xantar de Irmandade e o baile amenizado por un conxunto musical
Na última xornada tivo lugar o Xantar de Irmandade e o baile amenizado por un conxunto musical
O Xantar de Irmandade finalizou coa tradicional queimada
Raquel Arias Rodríguez, Secretaria da Mesa do Parlamento de Galicia, foi a encargada de presentar o Nº 30 da revista «Xurdimento»
Raquel Arias Rodríguez, Secretaria da Mesa do Parlamento de Galicia, foi a encargada de presentar o Nº 30 da revista «Xurdimento»
Raquel Arias Rodríguez, Secretaria da Mesa do Parlamento de Galicia, foi a encargada de presentar o Nº 30 da revista «Xurdimento»
Do luns 20 ao domingo 26 de febreiro o Centro Galego de Lleida (Casa de Galicia) celebrou unha nova edición da súa xa tradicional Semana Cultural, un evento que xunta ás e aos galegos desta cidade catalana e tamén soe contar, en varios dos seus actos, coa presenza de persoeiros tanto da terra de acollida como da Galicia territorial.
A programación da Semana Cultural 2017 botou andar no serán do luns coa inauguración por parte do presidente da entidade, Xosé Terceiro Folgar, a presidenta da Vogalía da Muller, Marta Roigé Mostany, e a profesora de patchwork, María Alba Gil Bardanca, da exposición de manualidades realizadas polas compoñentes da Vogalía da Muller ao longo do pasado ano.
O martes á tardiña foi o tempo para as e os máis cativos (fillos, fillas ou netos e netas de persoas asociadas), que pasaron o tempo debuxando; para as e os adultos, houbo xogos de mesa e, para maiores e máis pequenos e pequenas, un chocolate e coca doce.
Xa o mércores, tamén no local social da entidade na rúa Joc de la Bola, Enric Ribera Gabandé, xornalista de viaxes, gastronomía e viños, pronunciou unha conferencia baixo o título París la ciutat de la Llum. O conferenciante fixo unha disertación moi detallada dos magníficos monumentos da capital francesa, dos restaurantes da cidade, dos hoteis, e da restauración. Asistiron á exposición Francesc Josep Cerdà Esteve e José María Lorenzo Córdoba Alós, regidors do concello de Lleida; Cosme García i Mir, presidente da Federación de Casas e Centros Rexionais de Lleida, e Jesús Monter Hervera, presidente da Casa de Aragón.
O xoves, coa compaña do regidor da corporación municipal de Lleida, Franscesc Josep Cerdà Esteve, levouse a cabo unha demostración culinaria de diferentes pratos salgados e doces que as e os socios e simpatizantes achegaron. O acto finalizou coa degustación por todas e tódolos presentes dos múltiples e exquisitos pratos.
O venres ás 20:00 h da noite, e cun cheo total do local social da entidade, procedeuse á presentación do número 30 da revista Xurdimento a cargo de Raquel Arias Rodríguez, Secretaria da Mesa do Parlamento de Galicia. O presidente do Centro, Xosé Terceiro Folgar, deu a benvida a todas e todos os presentes, socios, amigos, simpatizantes, e autoridades locais, entre elas as e os regidors do concello de Lleida Sara Mestre Llussà, Dolors López Aguilar, José Luis Osorio Fernández, e Rosa María Salmerón Pallaré; o presidente da Federación de Casas Rexionais de Lleida, Cosme García i Mir, ademais das e dos presidentes das casas rexionais que pertencen á Federación de Lleida. Ao remate, tódalas e tódolos presentes foron obsequiados cun viño galego e un ágape.
E no último domingo do mes de febreiro finalizou a presente edición da Semana Cultural. A xornada comezou coa celebración da Santa misa na igrexa parroquial de Sant Jaume e ás 13:30 h, xa no local social do Centro, tivo lugar a Asemblea Xeral Ordinaria na que, seguindo a orde do día, procedeuse a ler a acta da asemblea anterior, que foi aprobada por unanimidade; deseguido, o secretario leu o estado das contas da Entidade mailos orzamentos para o ano 2017, que tamén acadaron a aprobación por unanimidade; despois, o vicesecretario leu un resumo das actividades levadas a cabo no ano 2016 e un anticipo das que se ten desenvolver no ano 2017 na Entidade; logo, e seguindo o contido dos artigos 16 e 21 dos estatutos, procedeuse a confirmar á Xunta Directiva, por un ano máis, quedando constituida do seguinte xeito: presidente, Xosé Tercero Folgar; vicepresidenta primeira, María Alba Gil Bardanca; secretario, Eligio Suevos Otero; vicesecretario, Daniel Vila López; tesoureiro, Antonio Sanmartin Sanmartin; vogal Organización actos, Xosé Domínguez Rodríguez; presidenta Vogalía da Muller, Marta Roigé Mostany; vogal Relacións Públicas, Dolores Blanco Roo; e vogais, Carlos Alonso Bellmunt e Victoriano Camilo Rocha González. Tralo aperitivo, a xornada rematou cun Xantar de irmandade con queimada incluída e a amenización musical do conxunto “Luigi y Carla”, que deron un extraordinario recital de música. Tamén asistiron os concelleiros do Ajuntament de Lleida Francesc Josep Cerdà Esteve, Rafael Perís Martín, e José María Lorenzo Córdoba Alós, ademais do Presidente da Federación de Casa e Centros Rexionais de Lleida, Cosme García i Mir. Todo acadou un grande éxito.
Fonte e fotos: Centro Galego de Lleida
Novas relacionadas