Onte rematou a Semana Cultural do Centro Galego de Lleida

Conferencias, obradoiros para as e os máis cativos, a presentación da revista da entidade, a asemblea xeral ordinaria, a actuación do Coro Cengallei e o Xantar de Irmandade foron os actos máis destacados desta xa tradicional cita organizada pola entidade galega da cidade ilerdense.

  • O xoves 8 Juan Carlos Rodríguez Blancas pronunciou a conferencia 'Navegación segura en Internet'.
    O xoves 8 Juan Carlos Rodríguez Blancas pronunciou a conferencia "Navegación segura en Internet".
  • As e os máis cativos tiveron ocasión de demostrar as súas habilidades co debuxo.
    As e os máis cativos tiveron ocasión de demostrar as súas habilidades co debuxo.
  • Detalle da exposición de manualidades organizada pola Vocalía da Muller do Centro.
    Detalle da exposición de manualidades organizada pola Vocalía da Muller do Centro.
  • Momento da presentación da revista 'Xurdimento' e sinatura no Libro de Honor, que tivo lugar o venres 8 na sede da entidade.
    Momento da presentación da revista "Xurdimento" e sinatura no Libro de Honor, que tivo lugar o venres 8 na sede da entidade.
  • Conferencia de Paquita Sanvicén Torné, Directora do Centro de Normalización Lingüística de Lleida.
    Conferencia de Paquita Sanvicén Torné, Directora do Centro de Normalización Lingüística de Lleida.
  • O Coro Cengallei cantou na misa celebrada o domingo 10 na igrexa de Sant Jaume.
    O Coro Cengallei cantou na misa celebrada o domingo 10 na igrexa de Sant Jaume.
  • Imaxe da Asemblea na que se renovou a Xunta Directiva do Centro Galego de Lleida (Casa de Galicia).
    Imaxe da Asemblea na que se renovou a Xunta Directiva do Centro Galego de Lleida (Casa de Galicia).
Listen to this page using ReadSpeaker
Lleida, 11 de febreiro de 2013.

O pasado luns 4 de febreiro ás 19,00 h o presidente da entidade, D. Xosé Terceiro Folgar,  a Rexedora Delegada de Drets Civils, Cooperació i Igualtat do Concello de Lleida, María Rosa Ball i Papiol, e a tamén Rexedora do concello de Lleida, Dna. Gemma Batalla Casanovas, inauguraban a Semana Cultural do Centro Galego de Lleida (Casa de Galicia) cunha exposición de manualidades que preparou a Vocalía da Muller durante o curso. Ao remate do acto foilles ofrecido a todos e todas as asistentes un ágape regado con viño do Ribeiro

No serán do martes 5, tamén no local social da entidade galega da cidade ilerdense, as e os máis cativos -fillos, fillas, netos e netas das persoas asociadas do Centro- particparon dunha actividade na que nenos e nenas realizaron uns divertidos e orixinais debuxos. Ao mesmo tempo celebráronse interesantes e disputadas partidas de cartas. Unha vez rematados os actos, maiores e máis pequenos e pequenas foron obsequiados cun sabroso e rico chocolate acompañado dunha exquisita coca doce.

Xa o mércores día 6, ás 20,00 h., Dna. Paquita Sanvicén Torné, Directora do Centro de Normalización Lingüística de Lleida e Profesora de Universidade pronunciou a conferencia Recuperant un poeta que enguany reviu: Lluís Roca i Florejacs (1830-1882). Falouse do Rexurdimento e da etapa cultural da historia de Galicia que se desenrolou o longo do século XIX e que tivo como característica principal a revitalización da lingua galega como vehículo de expresión social e cultural tras o período de ostracismo que se coñece como "séculos escuros", simultáneo e similar o da “Renaixença catalana”. O acto foi un rotundo éxito e, ao remate, todas as e os asistentes degustaron un refrixerio.

Seguindo cos actos programados dentro da Semana Cultural da entidade, o xoves celebrouse a conferencia Navegación segura en Internet, pronunciada por D. Juan Carlos Rodríguez Blancas. Tema de especial interese na actualidade, o local social do Centro quedou pequeno paras acoller a todas e todos os asistentes. Así mesmo, estiveron presente os Rexedores do Concello de Lleida, D. Xema Solá Solè, Pau Pinto Torné e Francesc Josep Cerdá Esteve, así como o Presidente da Casa de Castela e León, D. Óscar Sánchez. Finalizou o acto cun refrixerio e a entrega polo presidente da entidade, D. José Terceiro, dun agasallo ao conferenciante.

O venres día 8 de Febreiro, tamén ás 20,00 horas e cun novo cheo no local social do Centro, procedeuse á presentación do número 26 da Revista Xurdimento 2013 a cargo do Sr. Miquel Molins Elizalde, Director Xeral de Agricultura i Ramadería da Generalitat de Catalunya. O presidente do Centro,  D. José Terceiro Folgar, deu a benvida a todas e todos os presentes, socios, amigos e simpatizantes, e moi especialmente ás distintas autoridades locais, entre as e os que se atopaban o alcalde da Cidade de Lleida, D. Ángel Ros i Domingo, os concelleiros e concelleiras, D. Jesús Castillo Cervelló, D. Joan Gómez López, D. Txema Alonslo Fernández, Dña. María José Horcajada Bell.lloc, e D. Francesc Josep Cerdà Esteve; D. Jordi Boixadera i Vinos, Director Xeral da Agencia Catalana da Juventud a Lleida, o presidente da Federación de Casas Rexionais de Lleida, D. Cosme García Mir, os presidentes e presidenta das Casas Rexionais en Lleida de Aragón (D. Jesús Monter); Castela e León (D. Oscar Sánchez) e Estremadura (Dna. Gregoria Galvez). Despois dunha breve reseña do conferenciante -quen tamén asinou no Libro de Honor da entidade- este comezou a súa intervención en lingua catalana e, continuou despois en castelán, dando unha pequena pincelada de case que tódolos artigos que contén a revista,  Ao finalizar, o Sr. Terceiro, fíxolle entrega dun pequeno agasallo como recordo do seu paso pola entidade e, acto seguido, todas e todos os presentes foron obsequiados e obsequiadas cun viño galego e un ágape.

O último día, o domingo 10, ás 12,30 h. celebrouse a Santa misa na igrexa parroquial de Sant Jaume, onde o Grupo Coral Cengallei interpretou a parte musicada e cantada de mesma; ás 13,30 h., xa no local social da entidade, tivo lugar a Asemblea Xeral Ordinaria dos socios e socias na que, seguindo a orde do día, procedeuse a ler a acta da asemblea anterior, que foi aprobada por unanimidade; acto seguido o Tesoureiro leu o estado das contas da Entidade mailos orzamentos para ao ano 2013, que foron aprobados por unanimidade; o vicesecretario, fixo un anticipo das actividades que ten previsto desenrolar no ano 2013 a Entidade; despois, e seguindo o contido dos artigos 16 e 21 dos estatutos, procedeuse a confirmar a Xunta directiva, quedando constituída do seguinte xeito:

Presidente, D. José Terceiro Folgar; Vicepresidente 1º, D. Eligio Suevos Otero; Vicepresidenta 2º, Dª. María Alba Gil Bardanca;  Secretario D. Daniel Vila López; Vicesecretario, Carlos Alonso Bellmunt; Tesoureiro, D. Luís Trigo Domínguez; Vogal Organización actos, D. José Domínguez Rodríguez; Pta. Vocalía da Muller, Dª. Marta Roigé Mostany, Vogal relacións Públicas, Dª. Dolores Blanco Roo e Vogal, D. Antonio Sanmartín Sanmartín. Unha vez rematada a Asemblea, todas e todos os asistentes degustaron un bo viño procedente de Galicia acompañado un apetitoso aperitivo. Acto seguido todas as persoas asistentes remataron a xornada cun xantar de irmandade con queimada incluída e baile no local social ata a fin da tarde, no que tamén estiveron presentes os concelleiros e concelleiras do Ajuntament de Lleida, Dna. Dolors Arderiu Sabaté, D. Joan Gómez López, D. Francesc Josep Cerdà Esteve, Gemma Batalla Casanovas, e Pau Pintó Torné e o presidente da Federación de Casas Rexionais de Lleida, D. Cosme García Mir.

Pechouse así, con grande éxito., un ano máis a Semana Cultural do Centro Galego de Lleida.
 

1321 lecturas