O Centro Galego de Lleida celebrou a súa Semana Cultural 2014

Conferencias, obradoiros para as e os máis cativos, unha exposición de manualidades, degustacións culinarias, a presentación do último número da revista "Xurdimento", a Asemblea xeral ordinaria da entidade e o tradicional xantar de irmandade centraron a actividade desta cita imprescindible para as galegas e os galegos da capital ilerdense.

  • A Semana Cultural 2014 arrancou coa inauguración da exposición de manualidades que preparou a Vogalía da Muller durante o curso. Foto: Juan Rodríguez Gómez
    A Semana Cultural 2014 arrancou coa inauguración da exposición de manualidades que preparou a Vogalía da Muller durante o curso. Foto: Juan Rodríguez Gómez
  • O martes houbo un obradoiro infantil de debuxo que rematou cunha chocolatada para as e os que achegaron ao local social. Foto: Juan Rodríguez Gómez
    O martes houbo un obradoiro infantil de debuxo que rematou cunha chocolatada para as e os que achegaron ao local social. Foto: Juan Rodríguez Gómez
  • O mércores Enric Ribera pronunciou a conefrencia 'O viño é a máis san e hixiénica das bebidas'. Foto: Juan Rodríguez Gómez
    O mércores Enric Ribera pronunciou a conefrencia "O viño é a máis san e hixiénica das bebidas". Foto: Juan Rodríguez Gómez
  • A degustación de sobremesas doces e salgadas foi, como non podía ser doutro xeito, un éxito. Foto: Juan Rodríguez Gómez
    A degustación de sobremesas doces e salgadas foi, como non podía ser doutro xeito, un éxito. Foto: Juan Rodríguez Gómez
  • Ramón Brigos, subdirector xeral da Emigración e das Comunidades Galegas da Xunta de Galicia, foi o encargado da presentación do último número da revista 'Xurdimento'
    Ramón Brigos, subdirector xeral da Emigración e das Comunidades Galegas da Xunta de Galicia, foi o encargado da presentación do último número da revista "Xurdimento"
  • Ramón Brigos, subdirector xeral da Emigración e das Comunidades Galegas da Xunta de Galicia, foi o encargado da presentación do último número da revista 'Xurdimento'. Foto: Juan Rodríguez Gómez
    Ramón Brigos, subdirector xeral da Emigración e das Comunidades Galegas da Xunta de Galicia, foi o encargado da presentación do último número da revista "Xurdimento". Foto: Juan Rodríguez Gómez
  • O día de peche da Semana Cultural 2014 comezou cunha misa na na igrexa parroquial de Sant Jaume. Foto: Juan Rodríguez Gómez
    O día de peche da Semana Cultural 2014 comezou cunha misa na na igrexa parroquial de Sant Jaume. Foto: Juan Rodríguez Gómez
  • Logo da celebración da Asemblea Xeral Ordinaria 2014 tivo lugar un Xantar de Irmandade. Foto: Juan Rodríguez Gómez
    Logo da celebración da Asemblea Xeral Ordinaria 2014 tivo lugar un Xantar de Irmandade. Foto: Juan Rodríguez Gómez
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2014.

O pasado domingo 2 de marzo pechouse a Semana Cultural que anualmente organiza o Centro Galego de Lleida (Casa de Galicia), unha cita xa tradicional para as galegas e os galegos da cidade do Segre.

A Semana Culrural 2014 ifoi inaugurada no serán do luns 24 de febreiro polo presidente da entidade, Xosé Terceiro Folgar, a presidenta da Vogalía da Muller, Marta Roigé Mostany e a Rexedora Delegada de Drets Civils, Cooperació i Igualtat do Concello de Lleida, María Rosa Ball i Papiol, coa presentación da exposición de manualidades que preparou a Vogalía da Muller durante o curso. Tamén estiveron presentes os rexedores e as rexedoras do Concello de Lleida Dolors Arderiu Sabaté, María José Horcajada Bell-lloch, Bea Obis Aguilar, Gemma Batalla Casanovas, Francesc Josep Çerdá Esteve, e Antoni Postius Terrado, así como o presidente da Federación de Casas e Centros Rexionais de Lleida, Cosme García i Mir.

Xa na tardiña do martes, as e os máis cativos que se achegaron ata o local social da entidade puideron dar renda solta á súa creatividade e fixeron divertidos debuxos, ao mesmo tempo que se disputaban correúdas partidas de cartas entre as e os non tan novos. Unha vez rematados os actos, todos e todas foron recompensados cun saboroso chocolate acompañado dunha exquisita bica doce.

O mércores ás 20,00 h. foi o turno da conferencia O viño é a máis san e hixiénica das bebidas, pronunciada por Enric Ribeira Gabandé, quen ofreceu unha maxistral disertación sobre os distintos procesos para a elaboración dos viños, facendo fincapé nas cinco denominacións de orixe dos viños de Galicia (Ribeiro, Valdeorras, Rias Baixas, Monterrei e Ribeira Sacra). Estiveron presentes os concelleiros do concello de Lleida Juan Gómez López, Joan Vilella Jounou e Xema Solé Solà;  así como o presidente da Federación de Casas Rexionais de Lleida, Cosme García Mir, o presidente da Casa de Aragón, Jesús Monter, e Pedro Paredes Ponce, compoñente da Xunta directiva da Casa de Extremadura. Unha vez rematada a conferencia, o presidente do Centro, José Terceiro, entregoulle un obsequio ao conferenciante e, seguidamente, todas e todos os asistentes degustaron un refrixerio regado con viño do Ribeiro.

Xa o xoves levouse a cabo unha demostración culinaria de diferentes pratos salgados e doces que os socios e socias e simpatizantes achegaron. O acto finalizou coa degustación por tódolos presentes dos múltiples e exquisitos pratos, tal como se pode ver nas fotos que se achegan. Así mesmo, foron agasalladas tódalas compoñentes que aportaron pratos para a demostración. O acto, que contou coa presenza de Pau Pintó Torné, Rexidor do Concello de Lleida, acadou un rotundo éxito.

O venres foi a quenda da presentación do número 27 da revista Xurdimento da entidade, que estivo a cargo de Ramón Brigos Fernández, subdirector xeral da Emigración e das Comunidades Galegas da Xunta de Galicia, quen, nunha sala ateigada de público, destacou que esta publicación do Centro Galego de Lleida é moito máis que un boletín informativo e subliñou, tamén, que as revistas das entidades galegas, son un fiel  reflexo da boa integración e acollida dos galegos e as galegas na diáspora. O acto contou cunha ampla representación de autoridades locais como as e os "rexidors" do concello de Lleida, Dolors Ardeiu Sabaté, Jesús Castillo Cervelló, Ramón Zaballos Rubio, Bea Obis Aguilar, Francesc Josep Çerdá Esteve, Miquel Padilla Díaz, Antoni Postius Terrado, Joan Vilella Jounou, e Gemma Batalla Casanovas; tamén estiveron presentes Jordi Boixadera i Vinos, Director Xeral da Agencia Catalana da “Joventut” a Lleida, Jordi Curcó i Pueyo, Director de Serveis Territorials de la Generalitat de Catalunya, Cosme García i Mir, o presidente da Federación de Casas Rexionais de Lleida, María Eugenia Fernández, presidenta da casa de Cantabria, e Pedro Paredes Ponce, membro da Xunta Directiva da Casa de Extremadura.  Para rematar o acto, Ramón Brigos, en representación da Xunta de Galicia, fíxolle entrega dunha imaxe de Santiago Apóstolo ao presidente da Federación de Casas Rexionais de Lleida, Cosme García, e asinou no Libro de honor da entidade.

E no primeiro domingo de marzo de 2014 rematou a Semana Cultural 2014. Ás 12,30 h. celebrouse unha misa na igrexa parroquial de Sant Jaume e, rematada a mesma, tivo lugar a Asemblea Xeral Ordinaria dos socios e socias, que se celebrou na sede social da rúa Joc de Bola. No seu transcurso aprobáronse por unanimidade a acta da asemblea anterior, o estado das contas da entidade e os orzamentos para o ano 2014; o vicesecretario leu un resumo das actividades levadas a cabo no ano 2013 e un anticipo das que se ten previsto desenvolver ao longo do 2014. Despois, e seguindo o contido dos artigos 16 e 21 dos estatutos, procedeuse a nomear a nova Xunta directiva, quedando constituída da seguinte forma: presidente, José Terceiro Folgar; vicepresidenta 1ª, María Alba Gil Bardanca; vicepresidente 2º, Daniel Vila López; secretario, Eligio Suevos Otero, vicesecretario, Carlos Alonso Bellmunt; tesoureiro, Luís Trigo Domínguez; vogal Organización actos, José Domínguez Rodríguez; presidenta da Vogalía da Muller, Marta Roigé Mostany; vogal Relacións Públicas, Dolores Blanco Roo; e vogal, Antonio Sanmartín Sanmartín. 

Acto seguido todas e todos os asistentes remataron a xornada cun xantar de irmandade -con queimada e baile incluídos- no local social ata ao final da tarde, no que estiveron presentes os concelleiros do Ajuntament de Lleida, Jesús Castillo Cervelló, Miquel Padilla Díaz, Antoni Postius Terrado e Xema Solé Solá. Remataba así, un ano máis con éxito, esta Semana Cultural dunha das entidades senlleiras da nosa colectividade en Cataluña.

 

 

1002 lecturas