O Centro Galego de Lleida concluíu a Semana Cultural do seu 40º aniversario

Ao longo de seis xornadas da pasada semana, a entidade galega na cidade do Segre -que neste 2017 celebra o seu 40º aniversario- desenvolveu un programa de actividades que rematou o domingo coa celebración da súa Asemblea Xeral ordinaria e un Xantar de Irmandade.

  • Raquel Arias Rodríguez, Secretaria da Mesa do Parlamento de Galicia, foi a encargada de presentar o Nº 30 da revista «Xurdimento»
    Raquel Arias Rodríguez, Secretaria da Mesa do Parlamento de Galicia, foi a encargada de presentar o Nº 30 da revista «Xurdimento»
  • O martes foi o día para as e os máis cativos e dos xogos de mesa para as persoas adultas
    O martes foi o día para as e os máis cativos e dos xogos de mesa para as persoas adultas

  • A Semana Cultural comezou coa inauguración dunha exposición das manualidade realizadas ao longo do pasado ano polas integrantes da Vogalía da Muller
    A Semana Cultural comezou coa inauguración dunha exposición das manualidade realizadas ao longo do pasado ano polas integrantes da Vogalía da Muller
  • O martes foi o día para as e os máis cativos e dos xogos de mesa para as persoas adultas
    O martes foi o día para as e os máis cativos e dos xogos de mesa para as persoas adultas
  • O martes foi o día para as e os máis cativos e dos xogos de mesa para as persoas adultas
    O martes foi o día para as e os máis cativos e dos xogos de mesa para as persoas adultas
  • O xoves, coa compaña do regidor da corporación municipal de Lleida, Franscesc Josep Cerdà Esteve, levouse a cabo unha demostración culinaria de diferentes pratos salgados e doces
    O xoves, coa compaña do regidor da corporación municipal de Lleida, Franscesc Josep Cerdà Esteve, levouse a cabo unha demostración culinaria de diferentes pratos salgados e doces
  • A Asemblea Xeral Ordinaria, por unanimidade, aprobou as contas do exercicio anterior e renovou á Xunta Durectiva
    A Asemblea Xeral Ordinaria, por unanimidade, aprobou as contas do exercicio anterior e renovou á Xunta Durectiva

  • Enric Ribera Gabandé, xornalista de viaxes, gastronomía e viños, pronunciou unha conferencia baixo o título 'París la ciutat de la Llum'
    Enric Ribera Gabandé, xornalista de viaxes, gastronomía e viños, pronunciou unha conferencia baixo o título "París la ciutat de la Llum"

  • Actuación da Coral na misa celebrada na igrexa parroquial de Sant Jaume
    Actuación da Coral na misa celebrada na igrexa parroquial de Sant Jaume
  • Actuación da Coral na misa celebrada na igrexa parroquial de Sant Jaume
    Actuación da Coral na misa celebrada na igrexa parroquial de Sant Jaume
  • Na última xornada tivo lugar o Xantar de Irmandade e o baile amenizado por un conxunto musical
    Na última xornada tivo lugar o Xantar de Irmandade e o baile amenizado por un conxunto musical

  • O Xantar de Irmandade finalizou coa tradicional queimada
    O Xantar de Irmandade finalizou coa tradicional queimada
  • Raquel Arias Rodríguez, Secretaria da Mesa do Parlamento de Galicia, foi a encargada de presentar o Nº 30 da revista «Xurdimento»
    Raquel Arias Rodríguez, Secretaria da Mesa do Parlamento de Galicia, foi a encargada de presentar o Nº 30 da revista «Xurdimento»
  • Raquel Arias Rodríguez, Secretaria da Mesa do Parlamento de Galicia, foi a encargada de presentar o Nº 30 da revista «Xurdimento»
    Raquel Arias Rodríguez, Secretaria da Mesa do Parlamento de Galicia, foi a encargada de presentar o Nº 30 da revista «Xurdimento»
  • Raquel Arias Rodríguez, Secretaria da Mesa do Parlamento de Galicia, foi a encargada de presentar o Nº 30 da revista «Xurdimento»
    Raquel Arias Rodríguez, Secretaria da Mesa do Parlamento de Galicia, foi a encargada de presentar o Nº 30 da revista «Xurdimento»
Listen to this page using ReadSpeaker
Lleida, 28 de febreiro de 2017.

Do luns 20 ao domingo 26 de febreiro o Centro Galego de Lleida (Casa de Galicia) celebrou unha nova edición da súa xa tradicional Semana Cultural, un evento que xunta ás e aos galegos desta cidade catalana e tamén soe contar, en varios dos seus actos, coa presenza de persoeiros tanto da terra de acollida como da Galicia territorial.

A programación da Semana Cultural 2017 botou andar no serán do luns coa inauguración por parte do presidente da entidade, Xosé Terceiro Folgar, a presidenta da Vogalía da Muller, Marta Roigé Mostany, e a profesora de patchwork, María Alba Gil Bardanca, da exposición de manualidades realizadas polas compoñentes da Vogalía da Muller ao longo do pasado ano.

O martes á tardiña foi o tempo para as e os máis cativos (fillos, fillas ou netos e netas de persoas asociadas), que pasaron o tempo debuxando; para as e os adultos, houbo xogos de mesa e, para maiores e máis pequenos e pequenas, un chocolate e coca doce.

Xa o mércores, tamén no local social da entidade na rúa Joc de la Bola, Enric Ribera Gabandé, xornalista de viaxes, gastronomía e viños, pronunciou unha conferencia baixo o título París la ciutat de la Llum. O conferenciante fixo unha disertación moi detallada dos magníficos monumentos da capital francesa, dos restaurantes da cidade, dos hoteis, e da restauración. Asistiron á exposición Francesc Josep Cerdà Esteve e José María Lorenzo Córdoba Alós, regidors do concello de Lleida; Cosme García i Mir, presidente da Federación de Casas e Centros Rexionais de Lleida, e Jesús Monter Hervera, presidente da Casa de Aragón.

O xoves, coa compaña do regidor da corporación municipal de Lleida, Franscesc Josep Cerdà Esteve, levouse a cabo unha demostración culinaria de diferentes pratos salgados e doces que as e os socios e simpatizantes achegaron. O acto finalizou coa degustación por todas e tódolos presentes dos múltiples e exquisitos pratos.

O venres ás 20:00 h da noite, e cun cheo total do local social da entidade, procedeuse á presentación do número 30 da revista Xurdimento a cargo de Raquel Arias Rodríguez, Secretaria da Mesa do Parlamento de Galicia. O presidente do Centro, Xosé Terceiro Folgar, deu a benvida a todas e todos os presentes, socios, amigos, simpatizantes, e autoridades locais, entre elas as e os regidors do concello de Lleida Sara Mestre Llussà, Dolors López Aguilar, José Luis Osorio Fernández, e Rosa María Salmerón Pallaré; o presidente da Federación de Casas Rexionais de Lleida, Cosme García i Mir, ademais das e dos presidentes das casas rexionais que pertencen á Federación de Lleida. Ao remate, tódalas e tódolos presentes foron obsequiados cun viño galego e un ágape.

E no último domingo do mes de febreiro finalizou a presente edición da Semana Cultural. A xornada comezou coa celebración da Santa misa na igrexa parroquial de Sant Jaume e ás 13:30 h, xa no local social do Centro, tivo lugar a Asemblea Xeral Ordinaria na que, seguindo a orde do día, procedeuse a ler a acta da asemblea anterior, que foi aprobada por unanimidade; deseguido, o secretario leu o estado das contas da Entidade mailos orzamentos para o ano 2017, que tamén acadaron a aprobación por unanimidade; despois, o vicesecretario leu un resumo das actividades levadas a cabo no ano 2016 e un anticipo das que se ten desenvolver no ano 2017 na Entidade; logo, e seguindo o contido dos artigos 16 e 21 dos estatutos, procedeuse a confirmar á Xunta Directiva, por un ano máis, quedando constituida do seguinte xeito: presidente, Xosé Tercero Folgar; vicepresidenta primeira, María Alba Gil Bardanca; secretario, Eligio Suevos Otero; vicesecretario, Daniel Vila López; tesoureiro, Antonio Sanmartin Sanmartin; vogal Organización actos, Xosé Domínguez Rodríguez; presidenta Vogalía da Muller, Marta Roigé Mostany; vogal Relacións Públicas, Dolores Blanco Roo; e vogais, Carlos Alonso Bellmunt e Victoriano Camilo Rocha González. Tralo aperitivo, a xornada rematou cun Xantar de irmandade con queimada incluída e a amenización musical do conxunto “Luigi y Carla”, que deron un extraordinario recital de música. Tamén asistiron os concelleiros do Ajuntament de Lleida Francesc Josep Cerdà Esteve, Rafael Perís Martín, e José María Lorenzo Córdoba Alós, ademais do Presidente da Federación de Casa e Centros Rexionais de Lleida, Cosme García i Mir. Todo acadou un grande éxito.

Fonte e fotos: Centro Galego de Lleida

854 lecturas