Conclúe con grande éxito a Semana Cultural 2016 do Centro Galego de Lleida

Unha conferencia, mostra de manualidades, un obradoiro para as e os máis cativos, a presentación do nº 29 da revista da entidade, a asemblea xeral ordinaria, unha degustación culinaria e o Xantar de Irmandade foron os actos máis destacados desta xa tradicional cita organizada pola entidade galega da cidade ilerdense.

  • A Semana Cultural 2016 do Centro Galego de Lleida inaugurouse coa exposición das manualidades que realizou a Vogalía da Muller durante o curso.
    A Semana Cultural 2016 do Centro Galego de Lleida inaugurouse coa exposición das manualidades que realizou a Vogalía da Muller durante o curso.
  • O martes foi o día dedicado ás e aos máis cativos e, tamén, houbo xogos de mesa para as persoas adultas
    O martes foi o día dedicado ás e aos máis cativos e, tamén, houbo xogos de mesa para as persoas adultas
  • A presentación do nº 29 da revista 'Xurdimento' estivo a cargo de Mª Belén Iglesias Cortés, concelleira do concello de Ourense
    A presentación do nº 29 da revista 'Xurdimento' estivo a cargo de Mª Belén Iglesias Cortés, concelleira do concello de Ourense
  •  Juan Ramón González pronunciou a conferencia 'Candidatura de la Seu Vella de Lleida a Patrimoni de la Humanitat de la Unesco'
    Juan Ramón González pronunciou a conferencia "Candidatura de la Seu Vella de Lleida a Patrimoni de la Humanitat de la Unesco"
  • A demostración culinaria de pratos doces e salgados tivo lugar o xoves
    A demostración culinaria de pratos doces e salgados tivo lugar o xoves
  • A Asemblea Xeral Ordinaria celebrouse o domingo 7 de febreiro, conformándose unha nova Xunta Directiva do Centro Galego de Lleida
    A Asemblea Xeral Ordinaria celebrouse o domingo 7 de febreiro, conformándose unha nova Xunta Directiva do Centro Galego de Lleida
  • Imaxe da misa do domingo 7 que se oficiou na igrexa parroquial de Sant Jaume
    Imaxe da misa do domingo 7 que se oficiou na igrexa parroquial de Sant Jaume
  • No Xantar de Irmandade non faltou a imprescindible Queimada
    No Xantar de Irmandade non faltou a imprescindible Queimada
  • Imaxe do concerto do domingo 7, día no que rematou esta exitosa edición da Semana Cultural 2016
    Imaxe do concerto do domingo 7, día no que rematou esta exitosa edición da Semana Cultural 2016
Listen to this page using ReadSpeaker
Lleida, 9 de febreiro de 2016.

O luns 1 de febreiro ás 19,00 h. o presidente da entidade Xosé Terceiro Folgar, a presidenta da Vogalía da Muller, Marta Roigé Mostany, a profesora de patchwork María Alba Gil Bardanca e as “Rexedoras” do Concello de Lleida, Sara Mestres i Llusa e Dolors López Aguilar, inauguraron a Semana Cultural do Centro Galego de Lleida (Casa de Galicia) coa exposición das manualidades que realizou a Vogalía da Muller durante o curso.  Ao final do acto foi ofrecido a todas e tódolos asistentes un ágape regado con viño do Ribeiro.

O segundo día, martes, ás 18,00 horas no local social da entidade galega, foi a quenda das e dos máis cativos: fillas e fillos, e netos e netas das persoas asociadas do Centro botaron a tarde debuxando e, ao mesmo tempo, celebráronse interesantes e disputadas partidas de cartas e parchís. Unha vez rematados os actos, todas e todos foron obsequiados cun saboroso e rico chocolate acompañado dunha exquisita coca doce.

Xa o mércores ás 20,00 horas, e cun cheo total do local social da entidade, procedeuse á presentación do número 29 da Revista Xurdimento 2016 a cargo de Mª Belén Iglesias Cortés, concelleira do concello de Ourense. O presidente do Centro, Xosé Terceiro Folgar, deu a benvida a todas e todos os presentes, persoas asociadas, amigas e amigos e simpatizantes, e moi especialmente ás distintas autoridades locais que os acompañaban, entre elas as e os “rexedores” do concello de Lleida Joan Gómez López, Dolors López Aguilar, Mª Carme Culleré Llavoré, José Luis Osorio Fernández, e tamén o deputado do parlamento Español, Antoni Postius Terrado, así como Jordi Curcó i Pueyo, Director de Serveis Territorials de la Generalitat de Catalunya en Lleida, e o presidente da Federación de Casas Rexionais de Lleida, Cosme García i Mir, ademais dos presidentes das casas que pertencen a Federación de Lleida. Ao finalizar, todas e tódolos presentes foron obsequiados cun viño galego e un ágape. Foi todo un grande éxito.

O xoves ás 19,00 h., tamén no local social do Centro Galego de Lleida, levouse a cabo unha demostración culinaria de diferentes pratos salgados e doces que os socios e socias e simpatizantes achegaron. Acompañou a “rexidor” do Concello de Lleida Rosa María Salmerón Pallarés. O acto finalizou coa degustación por todas e tódolos presentes dos múltiples e exquisitos pratos.

Ás 20 h. do venres día 5 de febreiro de 2016, na sede da rúa Joc de la Bola, Juan Ramón González, presidente da “Associació Amics de la Seu Vella”, pronunciou unha conferencia baixo o título Candidatura de la Seu Vella de Lleida a Patrimoni de la Humanitat de la Unesco. O conferenciante fixo unha disertación moi detallada do camiño que se leva recorrido para conseguilo e das singularidades que ten a Seu Vella de Lleida. Asistiron as seguintes autoridades locais: as e os “rexedores” do concello de Lleida Juan Gómez López, José Luis Osorio Fernández e Cristina Nuria Simó Andreu e, tamén,  Rafael Jiménez Sanchez, Delegado de Defensa en Lleida. Unha vez rematado o acto, todas e todos os asistentes degustaron un refrixerio regado con viño do Ribeiro. Foi un rotundo éxito.

O domingo foi o último día desta Semana Cultural 2016. Ás 12,30 horas, celebración da Santa misa na igrexa parroquial de Sant Jaume e ás 13,30 h., no local social da entidade galega na capital ilerdense, tivo lugar a Asemblea Xeral Ordinaria dos socios e socias na que, seguindo a orde do día, procedeuse a ler a acta da asemblea anterior, que foi aprobada por unanimidade; acto seguido, o secretario leu o estado das contas da entidade mailos orzamentos para o ano 2016, que foron aprobados por unanimidade; o vicesecretario leu un resumo das actividades levadas a cabo no ano 2015 e un anticipo das que se ten previsto desenvolver no 2016. Despois, e seguindo o contido dos artigos 16 e 21 dos estatutos, procedeuse a confirmar a Xunta Directiva, por un ano máis, quedando constituída da seguinte forma: presidente, Xosé Terceiro Folgar; vicepresidenta primeira, María Alba Gil Bardanca; vicepresidente segundo, Daniel Vila López; secretario, Eligio Suevos Otero; vicesecretario, Carlos Alonso Bellmunt; tesoureiro, Luís Trigo Domínguez; vogal organización actos, Xosé Domínguez Rodríguez; presidenta da Vogalía da Muller, Marta Roigé Mostany; vogal Relacións Públicas, Dolores Blanco Roo; e vogal, Antonio Sanmartín Sanmartín. Despois todas e todos os asistentes, degustaron un bo viño procedente de Galicia e máis un apetitoso aperitivo.

Acto seguido as e os asistentes remataron a xornada cun xantar de irmandade con queimada incluída, sendo todo amenizado polo cantautor Alfredo González Vilela, que ofreceu un extraordinario recital de música galega, amplamente aplaudido. Tamén acompañaron no Xantar os concelleiros do “Ajuntament” de Lleida Joan Gómez López e Cristina Nuria Simó Andreu, ademais do presidente da Federación de Casas e Centros Rexionais de Lleida Cosme García i Mir.

 

Fonte e fotos: Centro Galego de Lleida

1037 lecturas