Inaugurada en Vigo a exposición "As xeracións do Montserrat. Memoria emocional da emigración galega ao Reino Unido" como homenaxe ao sacrificio e esperanza das e dos emigrantes galegos (1960-1974) no Reino Unido

  • A mostra poderá visitarse na Casa das Artes de Vigo ata o vindeiro 26 de maio
    A mostra poderá visitarse na Casa das Artes de Vigo ata o vindeiro 26 de maio
  • A mostra poderá visitarse na Casa das Artes de Vigo ata o vindeiro 26 de maio
    A mostra poderá visitarse na Casa das Artes de Vigo ata o vindeiro 26 de maio
Listen to this page using ReadSpeaker
Vigo, 14 de marzo de 2024.

A presidenta do Consello da Cultura Galega (CCG), Rosario Álvarez, xunto o secretario territorial da Delegación da Xunta de Galicia en Vigo, Fernando González Abeijón, e representantes do Concello de Vigo asistiron á inauguración na Casa das Artes de Vigo da exposición As xeracións do Monserrat. Memoria emocional da emigración galega ao Reino Unido. O acto contou tamén con Xosé Manoel Núñez Seixas, vicepresidente do CCG e director do Arquivo da Emigración Galega.
 
A mostra, comisariada por Xesús Fraga e con deseño de Pepe Barro, constrúe un relato do fluxo migratorio cara ao país británico a través de fotografías, documentos e obxectos pertencentes ás e aos seus protagonistas. O proxecto expositivo que poderá visitarse na cidade olívica ata o próximo 26 de maio é unha produción do Consello da Cultura Galega coa colaboración da Xunta de Galicia e o Concello de Vigo.

Esta exposición é como unha viaxe emocional e histórica á alma da diáspora galega e subliñan que a exposición non é só unha colección de imaxes e obxectos, senón un testemuño do sacrificio, a valentía e a esperanza das e dos emigrantes galegos. Lembran as historias de aqueles e aquelas que, entre 1960 e 1974, deixaron Galicia en busca dun futuro mellor no Reino Unido, transformando non só as súas vidas senón tamén o destino da terra que deixaban atrás.

A mostra inclúe fotografías, filmacións, documentos e obxectos náuticos e cotiáns, ofrecendo unha perspectiva profunda sobre as vidas e experiencias das e dos emigrantes. As Xeracións do Montserrat é unha homenaxe a todas e todos aqueles que, cunha maleta chea de soños, cruzaron mares e fronteiras para construír un futuro mellor. Invitan ao público a explorar a mostra e reflexionar sobre o impacto destas e destes emigrantes na historia e cultura de Galicia.

255 lecturas