A Secretaría Xeral da Emigración súmase ao homenaxe do Celta á emigración galega co himno “Voltarei” no seu regreso a Europa

A Secretaría Xeral da Emigración súmase ao homenaxe do Celta á emigración galega co himno “Voltarei” no seu regreso a Europa
A Secretaría Xeral da Emigración súmase ao homenaxe do Celta á emigración galega co himno “Voltarei” no seu regreso a Europa
VOLTAREI
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela (A Coruña), 25 de setembro de 2025.

O Real Club Celta de Vigo inicia hoxe a súa andaina europea tras varios anos de ausencia, e faino cunha lembranza moi especial á emigración galega a través do vídeo oficial da campaña “Voltarei”. Trátase dun himno que conecta a paixón polo celtismo coa memoria de milleiros de galegos que nos anos 50 e 60 tiveron que marchar a países como Suíza ou Alemaña en busca dun futuro mellor.

O tema, que combina música urbana con raíces tradicionais, simboliza a promesa de regresar: a dos emigrantes que soñaban con volver á súa terra, a do club que retorna ás competicións europeas e a dunha afección que nunca abandona ao seu equipo. A letra recolle con emoción a dureza da marcha, a esperanza da volta e o orgullo de Galicia, converténdose así nunha homenaxe á memoria colectiva da nosa diáspora.

Desde a Secretaría Xeral da Emigración queremos facernos eco desta iniciativa, que pon en valor unha parte esencial da historia de Galicia e rende tributo a quen, lonxe da súa terra, mantiveron viva a cultura galega. Froito desta colaboración co Celta, un grupo de galegos e galegas residentes no exterior terá tamén a oportunidade de compartir un encontro coa plantilla celeste no hotel e de seguir xuntos o partido, reforzando esa ligazón que une ao equipo coa nosa emigración.

Deste xeito, o regreso do Celta a Europa convértese tamén nun símbolo do vínculo permanente entre Galicia e a súa diáspora, unha relación feita de sentimento, orgullo e compromiso, que segue medrando co paso dos anos e que se proxecta no futuro co mesmo latexo: “Voltarei”.

361 lecturas