Emigración celebra cos galegos e galegas do Reino Unido o Día de Galicia no Instituto Cañada Blanch

O secretario xeral deste departamento autonómico, Antonio Rodríguez Miranda, destacou o labor da colectividade galega neste país en prol de manter a nosa cultura entre as novas xeracións.

  • Imaxe da celebración do Día de Galicia en Londres
    Imaxe da celebración do Día de Galicia en Londres
  • Imaxe da celebración do Día de Galicia en Londres
    Imaxe da celebración do Día de Galicia en Londres
  • Imaxe da celebración do Día de Galicia en Londres
    Imaxe da celebración do Día de Galicia en Londres
Listen to this page using ReadSpeaker
Londres (Reino Unido), 25 de xuño de 2023.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu á romaría polo tradicional Día de Galicia que organiza o Centro Galego de Londres no Instituto Vicente Cañada Blanch de Londres, que deste xeito se recupera tralo paso da pandemia. 

O responsable do departamento autonómico destacou o labor da colectividade galega por manter viva a cultura e os costumes entre as novas xeracións “nun país como é o Reino Unido, que é un dos países europeos con maior tradición de galegos residentes. Trátase dunha celebración de encontro que une a toda a nosa colectividade en Londres”.

O acto contou con diversas actuacións musicais, como a Banda de gaitas do Centro Galego. Tamén se desenvolveu unha comida de confraternidade á que asistiron varios milleiros de membros da comunidade galega e española na capital británica. 

379 lecturas