O Camiño de Santiago é unha ponte de regreso emocional a Galicia para a nosa diáspora”, salienta Miranda tras reunirse coa Unión Hijos de Morgadanes
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro cos responsables da Asociación Unión Hijos de Morgadanes, acompañados por varios membros da entidade que veñen de realizar o Camiño de Santiago. Durante a reunión, na que tamén participou a delegada da Xunta en Uruguai, Elvira Domínguez, Miranda interesouse pola experiencia vivida ao longo do percorrido xacobeo, así como polo traballo que desenvolve esta histórica asociación galega con sede en Uruguai.
O secretario xeral destacou o valor simbólico e emocional que supón para a colectividade galega do exterior percorrer o Camiño como forma de reforzar a súa conexión con Galicia, tanto espiritual como culturalmente. Ademais, trasladoulles o apoio da Xunta de Galicia ás iniciativas que, como esta, contribúen a manter vivas as raíces e a cultura galega entre as novas xeracións da emigración.
Novas relacionadas





