A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, felicita á Unión Hijos de Morgadanes de Montevideo polo seu 105º aniversario

  • Imaxe da celebración do 105º aniversario da Unión Hijos de Morgadanes de Montevideo
    Imaxe da celebración do 105º aniversario da Unión Hijos de Morgadanes de Montevideo
  • Imaxe da celebración do 105º aniversario da Unión Hijos de Morgadanes de Montevideo
    Imaxe da celebración do 105º aniversario da Unión Hijos de Morgadanes de Montevideo
Listen to this page using ReadSpeaker
Montevideo (Uruguai), 19 de setembro de 2023.

A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, felicitou esta fin de semana á Unión Hijos de Morgadanes de Montevideo polo seu 105º aniversario, que se celebrou nas instalaciones de entidade e que reuniu ás máximas autoridades da colectividade, así como a persoas asociadas e presidentas e presidentes de institucións galegas da capital uruguaia.

Xunto á delegada da Xunta estiveron tamén presentes a cónsul xeral de España, María Victoria Scola, o consejero de asuntos económicos da Embaixada de España, Carlos Domínguez, e a consejera de asuntos sociais, Isabel de Zulueta. No evento actuaron os grupos de danzas da institución Xuntos. Elvira Domínguez destacou o libro que sobre esta institución escribiu Manuel Losa, destacando o labor de Unión Hijos de Morgadanes en prol da colectividade galega, a súa capacidade de atracción da mocidade e o seu esforzo por continuar promocionando a galeguidade no Uruguai. 

191 lecturas