Miranda: “´Conecta con Galicia no Camiño´ é unha oportunidade única para que a mocidade galega do exterior descubra Galicia e as súas raíces a través dunha experiencia vital como o Camiño de Santiago”
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibe xunto á directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, aos galegos do exterior participantes no Programa "Conecta con Galicia no Camiño" que chega a súa 35 edición e máis de 3.500 participantes.
Realizado en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, permitirá que mozos procedentes de 7 países de entre 18 e 21 anos poidan percorrer a ruta xacobea entre o 19 e o 31 de xullo.
Miranda: “´Conecta con Galicia no Camiño´ é unha oportunidade única para que a mocidade galega do exterior descubra Galicia e as súas raíces a través dunha experiencia vital como o Camiño de Santiago”
Miranda: “´Conecta con Galicia no Camiño´ é unha oportunidade única para que a mocidade galega do exterior descubra Galicia e as súas raíces a través dunha experiencia vital como o Camiño de Santiago”
Miranda: “´Conecta con Galicia no Camiño´ é unha oportunidade única para que a mocidade galega do exterior descubra Galicia e as súas raíces a través dunha experiencia vital como o Camiño de Santiago”
Miranda: “´Conecta con Galicia no Camiño´ é unha oportunidade única para que a mocidade galega do exterior descubra Galicia e as súas raíces a través dunha experiencia vital como o Camiño de Santiago”
Miranda: “´Conecta con Galicia no Camiño´ é unha oportunidade única para que a mocidade galega do exterior descubra Galicia e as súas raíces a través dunha experiencia vital como o Camiño de Santiago”
Miranda: “´Conecta con Galicia no Camiño´ é unha oportunidade única para que a mocidade galega do exterior descubra Galicia e as súas raíces a través dunha experiencia vital como o Camiño de Santiago”
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu esta mañá acompañado pola directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, no aeroporto de Vigo ao grupo de participantes no programa "Conecta con Galicia no Camiño" que permitirá a preto de 100 galegos do exterior, cunha media de idade de 20 anos, achegarse a Galicia.
Este programa ten coma obxectivo principal fortalecer os vínculos da mocidade galega do exterior coa súa terra de orixe, promovendo o contacto coa cultura, a historia e a realidade da Galicia actual a través da experiencia do Camiño de Santiago.
Os beneficiarios aloxaranse na residencia xuvenil Altamar, en Vigo, ou na residencia xuvenil Florentino López Cuevillas, en Ourense, ambas dependentes da Dirección Xeral de Xuventude da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.
O programa inclúe a realización dun tramo de máis de 100 km do Camiño de Santiago, a pé, polo Camiño Portugués ou pola Vía da Prata, dependendo do lugar de aloxamento. Ademais, organizaranse actividades complementarias para dar a coñecer o patrimonio cultural, a situación socioeconómica e o sistema educativo superior de Galicia.
Para moitos dos participantes, este programa representa a primeira oportunidade de visitar Galicia e de reencontrarse coa terra dos seus devanceiros. Ademais, aqueles que o soliciten poderán ampliar a súa estadía en Galicia ata 15 días despois da finalización do programa para fortalecer os lazos coa súa familia galega.
Realizado en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, o programa permitirá que mozos galegos do exterior, de entre 18 e 21 anos, procedentes dos países con maior presenza da colectividade galega, poidan percorrer a ruta xacobea entre o 19 e o 31 de xullo.
Novas relacionadas



