O Goberno español condecora a Rafael Piñeiro, número dous da policía de Nova York

Orixinario da Coruña, criouse en Cuba ata que a súa familia emigrou a Estados Unidos.

O Goberno español condecora a Rafael Piñeiro, número dous da policía de Nova York
O Goberno español condecora a Rafael Piñeiro, número dous da policía de Nova York
Listen to this page using ReadSpeaker
Nova York, 6 de decembro de 2012.

O comisionado adxunto da policía de Nova York, Rafael Piñeiro, recibiu a Encomenda da Orde do Mérito Civil de España.

Piñeiro recibiu a condecoración de mans do cónsul español en Nova York, Juan Ramón Martínez Salazar, quen destacou na cerimonia o «cariño por España» do responsable policial e a súa brillante carreira no departamento. Nacido en Valencia en 1949 aínda que oriúndo da Coruña, Piñeiro criouse en Cuba ata que a súa familia emigrou a EUA cando el tiña doce anos, para asentarse no barrio neoiorquino de Brooklyn.

Piñeiro abandonou os estudos universitarios de enxeñaría para ingresar en 1970 como axente na forza de policía de Nova York, e graduouse primeiro da súa promoción.

Despois comezou unha carreira imparable que lle levou a ser xefe de persoal no 2002, un posto dende o que impulsou a aposta do departamento polas novas tecnoloxías e pola inclusión de axentes das minorías que poboan a cidade, e dende o 2010 é o «número dous», por detrás do comisionado Ray Kelly, quen asistiu á cerimonia.

Nunhas breves declaracións tras a cerimonia, Piñeiro sinalou que está «moi orgulloso» de que o índice asasinatos na cidade caeu nun 90% nos últimos doce anos. Explicou que esa redución se debe á mellor formación das e dos axentes, ao mellor uso da tecnoloxía e á rendición de contas do departamento. «A cidade é moito máis segura para visitar e para vivir», proclamou.

Tambien recordou que canto entrou na policía neoiorquina, en 1970, só había 250 axentes latinas e latinos e o de máis responsabilidade era un tenente, mentres que agora son case 10.000, nunha forza de 35.000 axentes. Piñeiro agradeceu a España a condecoración e recordou que viaxa con frecuencia ao país, e en concreto esta mesma semana estará en Murcia para participar nun evento universitario.

1173 lecturas