Exposición en Nova York do artista Delio Sánchez

Na Casa Galicia da cidade neoiorquina (en Astoria) ata o vindeiro 7 de outubro.

Listen to this page using ReadSpeaker

O pintor compostelán Delio Sánchez viaxou a New York a principios deste verán para preparar e colgar a exposición Cruzando charcos na Casa de Galicia da cidade norteamericana. Delio Sánchez, chamado con propiedade "o pintor da auga", levaba apuntes do río Avia (Ribadavia) e da Ría de Arousa (Setefogas, Rianxo).

En terras norteamericanas realizou cadros con motivos de Manhattan, Catskills Mountain e as súas fervenzas, o lago de Westhamptom e Jamaica Bay (Rockaway). O seu obxectivo artístico era achegar as augas das dúas terras para ofrecer o resultado aos galegos e ás galegas da diáspora que viven en Nova York. A exposición, que consta dun total de 16 óleos, foi inaugurada o pasado 23 de setembro e estará aberta ata o vindeiro 7 de outubro.

 

Fonte: El Correo Gallego

886 lecturas