“Un Nadal de Contos” da Aula GaliciaAberta achégase ás e aos máis pequenos con dúas historias centradas nestas festas

Esta proposta de contacontos da Secretaría Xeral da Emigración terá dúas sesións: mércores 27  decembro e mércores 3 de xaneiro.

O secretario xeral da Emigración anuncia que os contacontos deste Nadal desenvolvéranse, con 'Polo Correo do Vento', o 27 de decembro e o 3 de xaneiro ás 20:00 h (hora de España)
O secretario xeral da Emigración anuncia que os contacontos deste Nadal desenvolvéranse, con "Polo Correo do Vento", o 27 de decembro e o 3 de xaneiro ás 20:00 h (hora de España)
Un Nadal de Contos - Anuncio do secretario xeral da Emigración
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2023.

A Secretaria Xeral da Emigración pon en marcha un ano máis o programa “Un Nadal de Contos” destinado ás e aos máis pequenos dentro da Aula GaliciaAberta. Deste xeito, nos próximos días desenvolveranse contacontos centrados na temática destas festas.

Os contacontos levados a cabo por Polo Correo do Vento poderanse visualizar nas redes sociais da Secretaría Xeral da Emigración, e mesmo na súa web institucional (emigracion.xunta.gal), onde quedarán colgados.

O contacontos do 27 de decembro chámase O misterio do Nadal, e céntrase en todo o que lle sucede a uns rapaces e rapazas no museo que están a visitar no día de Nadal.

No 2º contacontos haberá moita cociña, patacas novas e cebolas nun campionato de cociña que se celebra o día 1 de xaneiro. Quen gañará?

219 lecturas