Miranda encóntrase en Melide cos e coas participantes na primeira quenda do Conecta con Galicia que están a facer o Camiño de Santiago

  • Foto deste mediodía na etapa de Palas de Rei a Arzúa do Camiño de Santiago
    Foto deste mediodía na etapa de Palas de Rei a Arzúa do Camiño de Santiago

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2018.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acompañado da alcaldesa de Melide, Dalia García Couso, mantivo este mediodía un encontro coas mozas e mozos que están a percorrer o Camiño de Santiago na primeira quenda do Conecta con Galicia. O responsable autonómico aproveitou a parada que os rapaces e rapazas fixeron en Melide para xantar e tomar forzas antes de completar a etapa que os levou desde Palas de Rei ata Arzúa, para charlar con elas e eles e recoller as súas experiencias. Trátase de preto de sesenta mozos galegos e galegas de entre 14 e 17 anos procedentes de Galicia, A Arxentina, O Uruguai e Brasil, entre outros países, que están a convivir durante dúas semanas tanto facendo o Camiño de Santiago como practicando actividades de aire libre no campamento de Gandarío, dependente da Dirección Xeral de Xuventude. Xunto á alcaldesa participaron no encontro as concelleiras de Traballo, Igualdade e Benestar, María Jesús López Mourón; e de Obras, Coordinación de Servizos e Educación, Rosa Cabado Rodríguez.

1491 lecturas