Miranda visita en Gandarío ás e aos 40 mozos galegos de entre 18 e 20 anos, residentes tanto en Galicia como no exterior, que conviven grazas ao programa “Conecta con Galicia”

  • Foto desta mañá en Gandarío
    Foto desta mañá en Gandarío
  • Foto desta mañá en Gandarío
    Foto desta mañá en Gandarío
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2018.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acompañado polo director do Complexo Xuvenil As Mariñas , Eduardo Vázquez Sánchez, visitou ás e aos 40 mozos galegos de Galicia, A Arxentina, O Uruguai e Brasil que conviven no campamento que a Dirección Xeral de Xuventude ten en Gandarío. Logo de facer nunha primeira etapa o Camiño de Santiago desde Lugo, as e os participantes na primeira quenda do programa “Conecta con Galicia 2018” da Secretaría Xeral da Emigración, de entre 18 e 20 anos de idade, gozan desde o pasado sábado e ata o xoves da práctica de actividades ao aire libre, como vela, snorkel, pádel surf, wind, kaiak, orientación e tiro con arco, entre outras. O responsable autonómico mantivo un encontro coas mozas e mozos galegos, cos que charlou sobre a súa experiencia tanto percorrendo o Camiño de Santiago como no campamento.  

1249 lecturas