A Secretaría Xeral da Emigración recibe en Santiago ás e aos últimos participantes da primeira quenda do Conecta con Galicia, procedentes do Uruguai

Foto da chegada esta mañá ao aeroporto de Santiago de Compostela
Foto da chegada esta mañá ao aeroporto de Santiago de Compostela
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2018.

Os 30 mozos e mozas, de entre 14 e 20 anos, aterraron no aeroporto de Lavacolla procedentes de Montevideo. Durante as vindeiras semanas farán o Camiño de Santiago e convivirán nas instalacións que a Dirección Xeral de Xuventude ten en Gandarío con outras e outros mozos galegos. Na última etapa do programa terán a oportunidade de reunirse coas súas familias galegas.

1104 lecturas