Miranda viaxa á Arxentina para avaliar a situación da principal colectividade galega no exterior e informar dos programas de actuación postos en marcha

O secretario xeral da Emigración reuniuse na tarde de onte coas directivas e representantes do Centro Gallego de Avellaneda, o Centro Arzuano Mellidense e o Centro Lalín, Agolada, Silleda.

Agradécelles o “impagable traballo que realizan diariamente a prol da colectividade, fortalecendo os vínculos que irmandan a Galicia e Arxentina, e difundido a nosa cultura alá onde están”.

Pon en valor os programas e liñas previstas para fomentar o retorno a Galicia, resaltando de modo especial as Bolsas Excelencias Mocidade Exterior – BEME, que en próximas datas abrirán unha nova convocatoria.

  • Miranda viaxa á Arxentina para avaliar a situación da principal colectividade galega no exterior e informar dos programas de actuación postos en marcha
    Miranda viaxa á Arxentina para avaliar a situación da principal colectividade galega no exterior e informar dos programas de actuación postos en marcha
  • Miranda viaxa á Arxentina para avaliar a situación da principal colectividade galega no exterior e informar dos programas de actuación postos en marcha
    Miranda viaxa á Arxentina para avaliar a situación da principal colectividade galega no exterior e informar dos programas de actuación postos en marcha
  • Miranda viaxa á Arxentina para avaliar a situación da principal colectividade galega no exterior e informar dos programas de actuación postos en marcha
    Miranda viaxa á Arxentina para avaliar a situación da principal colectividade galega no exterior e informar dos programas de actuación postos en marcha
  • Miranda viaxa á Arxentina para avaliar a situación da principal colectividade galega no exterior e informar dos programas de actuación postos en marcha
    Miranda viaxa á Arxentina para avaliar a situación da principal colectividade galega no exterior e informar dos programas de actuación postos en marcha
Listen to this page using ReadSpeaker
Bos Aires (Arxentina), 27 de febreiro de 2020.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, está a desenvolver a súa primeira viaxe do ano á Arxentina na procura de avaliar a situación da principal colectividade galega no exterior e informar dos programas e liñas de actuación que ten en marcha o seu departamento.

Neste sentido, Rodríguez Miranda reuniuse na tarde de onte coas directivas e representantes do Centro Gallego de Avellaneda, o Centro Arzuano Mellidense e o Centro Lalín, Agolada, Silleda. A todos eles quixo agradecerlles o “impagable traballo que realizan diariamente a prol da colectividade, fortalecendo os vínculos que irmandan a Galicia e Arxentina, e difundido a nosa cultura alá onde están”.

Estes encontros permitiron afondar tamén nos distintos programas e actuacións que están en marcha para retornados, con especial atención aos destinados á mocidade galega no exterior. Así, Miranda invitou aos mozos galegos a “deixarse impresionar” pola súa terra de orixe, xa que a práctica totalidade deles son descendentes de emigrantes que non estiveron antes en terras galegas.

Para acadar este obxectivo, o secretario xeral subliñou que o seu departamento ten agora mesmo en marcha iniciativas como o Conecta con Galicia, programa encamiñado a que a mocidade do exterior participe en actividades de ocio e cultura galega na Comunidade. Así mesmo, en vindeiras datas abrirase unha nova convocatoria das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME), que ofrecen a posibilidade de cursar estudos de posgrao en Galicia a 150 mozos, ás que cabe sumar outras 100 prazas para estudos de Formación Profesional.

O país con máis presenza de galegos do mundo

A Arxentina é o país do mundo cunha maior presenza de galegos, con máis de 178.000 residentes, segundo os últimos datos oficiais publicados polo Instituto Nacional de Estadística (INE), con data 1 de xaneiro de 2019. Deles 51.571 proceden da provincia de Pontevedra, 61.229 da Coruña, 31.547 de Ourense e 34.192 de Lugo.

En imaxes
486 lecturas