Miranda invita os máis de 110 mozos beneficiarios de Conecta con Galicia da Arxentina e o Uruguai a “deixarse impresionar” pola súa terra de orixe

O secretario xeral da Emigración reuniuse cos participantes na primeira quenda do programa para exporlles a axenda de actividades que van poder realizar en compañía doutros mozos da Galicia territorial

O responsable do departamento autonómico iniciou a súa estadía en Bos Aires coa sinatura dun convenio co Centro Gallego de Mar del Plata e unha xuntanza cos presidentes das asociacións que integran a Unión de Asociacións Gallegas

  • Centro Gallego Fernanda Mar del Plata
    Centro Gallego Fernanda Mar del Plata
  • Reunión CG Mar del Plata e Solla
    Reunión CG Mar del Plata e Solla
  • Reunión Conecta con Galicia
    Reunión Conecta con Galicia
  • Reunión Conecta con Galicia
    Reunión Conecta con Galicia
  • Reunión Unión Asociaciones Gallegas
    Reunión Unión Asociaciones Gallegas
Listen to this page using ReadSpeaker
Bos Aires, 26 de xuño de 2019.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, aproveitou a súa viaxe á Arxentina e O Uruguai para reunirse cos máis de 110 beneficiarios do programa Conecta con Galicia, que en uns días aterrarán na comunidade para gozar de dez días de actividades náuticas no albergue xuvenil de Gandarío e de a experiencia do Camiño de Santiago. A todos eles o responsable do departamento autonómico, acompañado polo delegado da Xunta en Bos Aires, Alejandro López Dobarro, invitounos a “deixarse impresionar” pola súa terra de orixe, xa a práctica totalidade deles son descendentes de emigrantes que non estiveron antes en terras galegas. Fíxoo durante sendos encontros que mantivo con todos eles na Delegación da Xunta na capital uruguaia e na Casa de Galicia na arxentina, nos que tamén lles detallou algunhas das actividades que terán oportunidade de realizar nos dez días que pasen na comunidade convivindo con mozos da Galicia territorial.

O programa oficial de Miranda en Bos Aires comezaba pouco antes na Delegación da Xunta na Arxentina, que serviu de escenario para a sinatura do convenio co Centro Gallego de Mar del Plata, con cuxa presidenta, María Fernanda Vidal, mantivo unha xuntanza á que tamén asistiu o pintor galego afincado nesta cidade arxentina José Solla. O artista exporá no outono no Museo de Arte Contemporáneo de Mar del Plata, o MAR, co apoio da Xunta de Galicia.

Xa última hora da tarde, o secretario xeral da Emigración se desprazará ata a Casa de Galicia de Bos Aires para celebrar unha xuntanza cos presidentes das asociacións que integran a Unión de Asociacións Gallegas.

120 lecturas