Miranda inicia a súa primeira viaxe do ano ao Brasil para avaliar a situación da colectividade e dar a coñecer os programas de actuación previstos para este ano

O secretario xeral da Emigración mantén un encontro cos directivos dos centros galegos en Salvador de Baía -Caballeros de Santiago, Centro Espanhol, Asociación Río Tea, Galicia SporteClube e Escola de dança, arte e cultura galega e espanhola- a quen lles agradece o seu traballo e implicación a prol da colectividade e na conservación e difusión da cultura e tradicións galegas.

Achega os distintos programas e actuacións para retornados, con especial atención ás Bolsas Excelencia Mocidade Exterior, que abrirán unha nova convocatoria en próximas datas.

  • Miranda inicia a súa primeira viaxe do ano ao Brasil para avaliar a situación da colectividade e dar a coñecer os programas de actuación previstos para este ano
    Miranda inicia a súa primeira viaxe do ano ao Brasil para avaliar a situación da colectividade e dar a coñecer os programas de actuación previstos para este ano
  • Miranda inicia a súa primeira viaxe do ano ao Brasil para avaliar a situación da colectividade e dar a coñecer os programas de actuación previstos para este ano
    Miranda inicia a súa primeira viaxe do ano ao Brasil para avaliar a situación da colectividade e dar a coñecer os programas de actuación previstos para este ano
Listen to this page using ReadSpeaker
Salvador de Baía (Brasil), 19 de febreiro de 2020.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, iniciou hoxe a súa primeira viaxe do ano ao Brasil, onde visitará varias cidades do país e das que contan cunha maior presenza de galegos.

Neste sentido, o responsable do departamento autonómico arrancou a primeira xornada en Salvador de Baía cun encontro cos directivos dos diferentes centros galegos na cidade -Caballeros de Santiago, Centro Espanhol, Asociación Río Tea, Galicia SporteClube e Escola de dança, arte e cultura galega e espanhola- a quen lles agradece o seu traballo e implicación a prol da colectividade e na conservación e difusión da cultura e tradicións galegas.

“Quero dar as grazas a todos centros de Salvador de Baía pola súa implicación e colaboración na proxección internacional de Galicia, fortalecendo as fondas e duradeiras ligazóns que irmandan aos cidadáns galegos e brasileiros a través das xeracións, especialmente en poboacións –como é o caso de Salvador- cunha importante e histórica presenza de comunidades galegas”, subliñou.

A continuación, Rodríguez Miranda mantivo un encontro coa colectividade na propia Asociación Cultural Hispano Galega Caballeros de Santiago. Durante o mesmo, o secretario xeral abordou os distintos programas e actuacións que están en marcha para retornados, con especial atención ás Bolsas Excelencia Mocidade Exterior -BEME, que tras ser aprobadas a semana pasada polo Consello da Xunta, abrirán unha nova convocatoria en próximas datas.

O país amazónico presenta preto de 50.000 galegos

O Brasil é o segundo país do mundo cunha maior presenza de galegos, con 48.691 residentes, só por detrás da Arxentina, que segue a encabezar a listaxe con máis de 178.000 galegos, segundo os últimos datos oficiais publicados polo Instituto Nacional de Estadística (INE), con data 1 de xaneiro de 2019. Deles 24.638 proceden da provincia de Pontevedra, 10.860 da Coruña, 11.164 de Ourense e 2.029 de Lugo. Do total de galegos residentes en Brasil só o 23,38 %, é dicir, 11.386 foron nados en Galicia; o resto son descendentes xa nacidos no país de destino.

En imaxes
361 lecturas