Miranda retoma as videoconferencias coa Arxentina para analizar a situación e as necesidades da colectividade máis numerosa do mundo

O secretario xeral da o secretario xeral puxo en valor o traballo que desenvolve na Delegación da Xunta na Arxentina e O Uruguai, que nos últimos meses ten intensificado o seu trato directo coas persoas de orixe galega e coas entidades como centros de referencia.

  • O secretario xeral da Emigración, durante a reunión cos e coas representantes das entidades galegas na Arxentina
    O secretario xeral da Emigración, durante a reunión cos e coas representantes das entidades galegas na Arxentina
  • O secretario xeral da Emigración, durante a reunión cos e coas representantes das entidades galegas na Arxentina
    O secretario xeral da Emigración, durante a reunión cos e coas representantes das entidades galegas na Arxentina
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2020.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, está a retomar o contacto coas colectividades galegas no exterior a través de diferentes encontros telemáticos. Desta volta, e para a primeira destas reunións con casas e entidades galegas logo do seu novo nomeamento, o titular do departamento autonómico escolleu a colectividade da Arxentina, a máis numerosa do mundo, con preto de 180.000 persoas. 

O encontro permitiu afondar na situación que está a vivir o país, con especial atención á actual crise sanitaria. Un escenario no que Miranda lanzou unha mensaxe de tranquilidade, lembrando que o Executivo galego está sempre “atento á súa situación, pero con máis intensidade aínda se cabe nestes intres tan complexos e excepcionais”. 

Neste marco, o secretario xeral puxo en valor o traballo que desenvolve na Delegación da Xunta na Arxentina e O Uruguai, que nos últimos meses ten intensificado o seu trato directo coas persoas de orixe galega e coas entidades como centros de referencia. 

O secretario xeral da Emigración agradeceu o “impagable traballo” que realizan os centros galegos diariamente, “incluso nesta difícil época, fortalecendo os vínculos que irmandan a Galicia e Arxentina, e difundido a nosa cultura alá onde están”. E advertiu, que ninguén debe baixar a garda ante unha pandemia que está a afectar de xeito diferente e gradualmente a practicamente todos os países do mundo. 

O país con máis presenza de galegas e galegos do mundo
A elevada cantidade de entidades e poboación galega que acubilla A Arxentina levou ao departamento autonómico a distribuílos en varios grupos para poder chegar ao maior número posible de cidadás e cidadáns afectados pola crise orixinada pola COVID-19 Na videoconferencia de hoxe participaron: Asociación Civil Hijos del Ayuntamiento de Zas, Centro Arzuano Medillense, Centro Galicia de Buenos Aires, Cultural, Social y Deportivo, Centro Gallego de La Plata, Centro Lalín, Agolada y Silleda de Galicia en Buenos Aires, Sociedad Parroquial de Vedra de Mutualidad y Cultura, Centro Gallego de Mar del Plata, Centro Gallego Asociación Mutual Social, Cultural y Recreativa de Rosario e Casa de Galicia en Puerto Madryn.

Na Arxentina, segundo os últimos datos do INE, residen 180.908 galegas e galegos, o país do mundo cunha maior presenza galega.

701 lecturas