Miranda traslada ao cónsul xeral de España en Frankfurt as propostas de Galicia para impulsar o retorno da colectividade galega

  • O secretario xeral da Emigración e o cónsul xeral de España, durante a reunión celebrada en Frankfurt
    O secretario xeral da Emigración e o cónsul xeral de España, durante a reunión celebrada en Frankfurt
  • O secretario xeral da Emigración e o cónsul xeral de España, durante a reunión celebrada en Frankfurt
    O secretario xeral da Emigración e o cónsul xeral de España, durante a reunión celebrada en Frankfurt
Listen to this page using ReadSpeaker
Frankfurt (Alemaña), 3 de marzo de 2023.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro co cónsul xeral de España en Frankfurt, Enrique Criado, na que lle trasladou as propostas da Xunta de Galicia para o impulso do retorno da colectividade galega.

Antonio Rodríguez Miranda ofreceu a colaboración da Xunta de Galicia para traballar “man a man” en prol da colectividade española, e en particular, dos galegos e galegas. Deste xeito, aproveitou para solicitarlle o apoio do consulado para facer chegar á colectividade galega a nova Estratexia Retorna 2026 (ERG2026) recordándolle que ten como principal novidade ampliar o apoio e asesoramento laboral ás familias retornadas galegas. O novo documento baséase na experiencia da primeira Estratexia Retorna, que agora se verá duplicada tanto no orzamento inicial como nas medidas a aplicar polo conxunto de todos os departamentos galegos, que roldará as 100 iniciativas, e que incidirá en catro áreas: a laboral, a social, a educativa e a do asesoramento e información.

388 lecturas