Miranda saúda aos galegos e galegas de Valparaíso durante os actos de aniversario do Lar Gallego de Chile
Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2022.
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, saudou ás e aos representantes do Centro Gallego de Valparaíso, durante os actos celebrados polo 55º aniversario do Lar Gallego de Chile.
Neste acto, o secretario xeral mantivo un encontro co presidente desta entidade, Sergio Pinto, a quen agradeceu que continúen traballando dende este centro galego do exterior a prol da colectividade galega e da promoción da nosa cultura e tradicións.
Novas relacionadas