Miranda e Dobarro analizan co Lar Gallego de Chile e o Centro Gallego de Valparaíso a situación das e dos galegos neste país do Cono Sur

O secretario xeral da Emigración, o delegado da Xunta en Arxentina e os responsables de ambas entidades trataron sobre a situación da pandemia, o avance da vacinación neste país e os problemas económicos que están a xurdir a causa da covid-19 e como poden afectar á colectividade galega que reside en Chile.

Imaxe, na Secretaría Xeral da Emigración, da videoconferencia
Imaxe, na Secretaría Xeral da Emigración, da videoconferencia
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 24 de maio de 2021.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo esta mañá unha videoconferencia co Lar Gallego de Chile e co Centro Gallego de Valparaíso co obxectivo de analizar a situación que están a atravesar os galegos e galegas residentes neste país do Cono Sur a causa da actual pandemia.

No encontro estiveron presentes Ricardo González Méndez, presidente do Lar Gallego de Chile, así como Sergio Pinto, secretario do Centro Gallego de Valparaíso. Tamén participou o delegado da Xunta en Argentina e Uruguai, Alejandro López Dobarro.

Durante esta reunión, puxéronse sobre a mesa distintas cuestións relativas ao funcionamento dos centros durante os últimos meses, como as súas necesidades económicas ou as actividades a desenvolver durante 2021. 

Tamén se tratou a situación da pandemia en Chile, o avance da vacinación neste país, así como os problemas económicos e sociais que están a xurdir a causa da covid-19 e como poden afectar á colectividade galega que reside en Chile.

O Centro Gallego de Valparaiso conta con 195 socias e socios  e foi fundado en 1993 nos salóns do Club Español de Valparaíso. Conta con tres grupos folclóricos: Grupo de Baile del Centro Gallego, Grupo de Canto e Percusión e o Grupo de Gaita; e tres escolas das mesmas especialidades musicais. Ademais, ten un equipo de fútbol, un de golf e outro de tenis. Anualmente celebran o Día de Galicia, o Día de San Xoán, a Hispanidade, así como diversos concertos e exposicións.   

Pola súa banda, o Lar Gallego de Chile conta con 225 persoas asociadas, e foi fundado en 1967. As súas instalacións atópanse no Estadio Español e conta con dous grupos folclóricos: Beira do Mar e Terra Meiga, asícomo tres escolas (de baile, canto e gaita) e dous clubes deportivos: un de fútbol e outro de baloncesto.

En Chile residen actualmente case 4.400 cidadás e cidadáns galegos, dos que 666 naceron en Galicia e o resto son descendientes. 

701 lecturas