Miranda felicita ao Centro Galego de Valparaíso polos seus 30 anos de traballo en prol da cultura galega en Chile

  • Antonio Rodríguez Miranda e Miguel Ángel Jopia, durante a reunión celebrada na sede da SXE na capital de Galicia
    Antonio Rodríguez Miranda e Miguel Ángel Jopia, durante a reunión celebrada na sede da SXE na capital de Galicia
  • Antonio Rodríguez Miranda e Miguel Ángel Jopia, durante a reunión celebrada na sede da SXE na capital de Galicia
    Antonio Rodríguez Miranda e Miguel Ángel Jopia, durante a reunión celebrada na sede da SXE na capital de Galicia
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2023.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo unha reunión co delegado do Centro Galego de Valparaíso de Chile en Galicia, Miguel Ángel Jopia, co obxectivo de analizar as actividades que están a desenvolver nos últimos meses nesta entidade e as que xa se están a proxectar de cara ao 2023, ano especialmente importante para esta agrupación, xa que chega ao seu 30 aniversario. 

Neste senso, aproveitou para felicitar ás e aos integrantes desta entidade polo pulo que están a desenvolver na súa agrupación cultural, xa que están a traballar de xeito intenso na difusión da música, a gaita, o canto, a pandeireta e a lingua galegas. “Dende a Xunta de Galicia queremos destacar o importante labor que desenvolve este colectivo, que forma parte do Estadio Español de Valparaíso, xa que son 30 anos de apoio aos galegos residentes nesta área de Chile así como de promoción da nosa cultura”, engadiu Antonio Rodríguez Miranda. 

369 lecturas