O gaiteiro Anxo Lorenzo ofrece, da man da Secretaría Xeral da Emigración, unha masterclass e un concerto no 55 aniversario do Lar Gallego de Chile

  • O concerto e a masterclass celebráronse co gallo do 55º aniversario da entidade galega en Santiago de Chile
    O concerto e a masterclass celebráronse co gallo do 55º aniversario da entidade galega en Santiago de Chile

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Chile, 6 de novembro de 2022.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu aos actos do 55 aniversario do Lar Gallego de Chile, durante o que as e os diferentes membros de todas as entidades galegas do país, puideron gozar dun concerto de música galega da man do gaiteiro Anxo Lorenzo.

O artista, ademais, tamén ofreceu unha masterclass ás persoas interesadas no mundo da gaita e da música galegas na que participaron numerosas e numerosos membros das agrupacións culturais dos centros galegos chilenos. Unha festa durante a que, Rodríguez Miranda, destacou o importante labor do Lar Gallego de Chile na promoción, apoio e coidado da cultura galega entre a colectividade residente neste país.

247 lecturas