Miranda reúnese con Juan Alvite, figura relevante da colectividade española en Río de Xaneiro para reforzar os lazos coa comunidade galega

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela (A Coruña), 19 de xaneiro de 2026.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro de traballo con Juan Alvite, unha das figuras máis representativas da colectividade española asentada en Río de Xaneiro, no Brasil. A reunión permitiu facer balance da situación actual dos galegos neste estado brasileiro e analizar os principais retos aos que se enfronta a comunidade este ano que comenza.

Durante a xuntanza, Rodríguez Miranda puxo en valor a traxectoria e o compromiso de Juan Alvite co asociacionismo galego e español en Río de Xaneiro, destacando o seu labor á fronte de entidades de referencia como a Casa de España. O secretario xeral agradeceu expresamente o traballo continuado desenvolvido ao longo dos anos para manter viva a cultura galega e reforzar os lazos coa terra de orixe.

200 lecturas